Os Algodoneros de Unión Laguna son un equipo profesional de béisbol mexicano con sede en Torreón, Coahuila, que compite na Liga Mexicana de Béisbol (LMB). O club foi fundado en 1940 co nome de Unión Laguna debido ao patrocinio da Compañía Jabonera la Unión. Entre 2003 e 2017 o equipo recibiu o nome de Vaqueros Laguna. O club posúe no seu palmarés dous títulos de liga: 1942 e 1950. Desde 1982 o seu estadio como local é o Estadio Revolución, estadio con capacidade para 9 500 espectadores.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial

Categoría:Equipos da Liga Mexicana de Béisbol Categoría:Equipos de béisbol de México