A dos filocáridos (Phyllocarida) é unha subclase de crustáceos malacostráceos.
Taxonomía Descrición A subclase foi descrita en 1879 polo entomólogo, xeólogo e paleontólogo estadounidense Alpheus Spring Packard.Phyllocarida Packard, 1879 no WoRMS. Consultado o 4 de marzo de 2020.
Clasificación Os filocáridos subdividense en catro ordes, das cales so unha teñen representantes actuais:Martin, J. W. & Davis, G. E. (2001): "An Updated Classification of the Recent Crustacea" . Natural History Museum of Los Angeles County.
Archaeostraca † Canadaspidida † Hoplostraca † Leptostraca
Características Os filocáridos constitúen seguramente o grupo máis antigo de malacostráceos, con representantes fósiles desde o Cámbrico inferior. Presentan os caracteres morfolóxicos máis primitivos e, probabelmente, deles derivan os demais malacostráceos.Armengol, J. et al. (1986): Artròpodes (I). Història Natural dels Països Catalans, 9. Barcelona: Enciclopèdia Catalana. ISBN 84-8519-484-5.
Cómpre destacar que posúen 20 segmentos corporais, cinco cefálicos, oito torácicos e sete no pleon, a diferenza do resto dos malacostráceos, que teñen só seis segmentos no pleon (e 19 en total). Só se coñecen 36 especies actuais.Brusca, R. C. & Brusca, G. J. (2005): Invertebrados, 2ª edición. Madrid et al.: McGraw-Hill-Interamericana. ISBN 0-8789-3097-3.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Malacostráceos