Kopano Matlwa, nada en Pretoria no ano 1985, é unha escritora e médica surafricana. Está considerada como unha das representantes da chamada "Born Free", xeración surafricana que medrou após a época do apartheid. Na súa obra trata cuestións como a raza, a pobreza, o sexismo e a xenofobia.
Obra Coconut (Jacana, 2007). Spilt Milk (Jacana, 2010). Period Pain (Jacana, 2017), traducido ao galego como Dor menstrual por Moisés Barcia en 2022 (Rinoceronte Editora).
Premios 2007 Premio de Literatura da Unión Europea (por Coconut). 2010 Premio Wole Soyinka de Literatura en África (por Coconut). 2014 Young Physician Leader. 2015 Premio Idea Aspen. 2015 Tutu Fellowship 2015 Aspen New Voices Fellow
Notas
Categoría:Escritores de Suráfrica Categoría:Nados en 1985 Categoría:Nados en Pretoria Categoría:Escritores en lingua inglesa