A dos notostráceos,notostráceo en Digalego. Notostraca, é unha orde de crustáceos branquiópodos.

Coñécense fósiles de notostráceos de máis de 200 millóns de anos de antigüidade.

Na actualidade abrangue unha soa familia, a dos triópsidos (Triopsidae), con tan só dous xéneros.Brusca, R. C. & Brusca, G. J. (2005): Invertebrados, 2ª edición. Madrid et al.: McGraw-Hill-Interamericana. ISBN 0-8789-3097-3.

As súas especies coñécense como camaróns cágado.

Taxonomía Descricións A orde foi descrita en 1867 polo biólogo mariño e de auga doce noruegués Georg Ossian Sars.Notostraca Sars, 1867 no BioLib. Consultado o 3 de marzo de 2022.Notostraca Sars, 1867 no WoRMS. Consultado o 3 de marzo de 2022.

A familia describiuna en 1909 o xeólogo alemán Konrad Keilhack, Triopsidae Keilhack, 1909 no WoRMS. Consultado o 3 de marzo de 2022. nun traballo publicado en Brauer's Süsswasserf. Deutschl., 10: 7.Triopsidae no GBIF. Consultado o 3 de marzo de 2022.

Etimoloxías O nome científico Notostraca está formado pola unión dos elementos not- e -ostraca, tirados dos termos do grego antigo νῶτος nōtos "costas", e ὄστρακον ‎óstracon, "cuncha" (de molusco, de tartaruga).Notostraca no Merriam-Webster Dictionary.

En canto Triopsidae está formado pola adición ao nome do seu xénero tipo, Triops, o sufixo do latín científico -ĭdae, propio dos nomes das familias de animais.

Xéneros A familia Triopsidae comprende dous xéneros: Triops Leach, 1819 Lepidurus Schrank, 1803

Características Os notostráceos son animais que viven en xeral en augas doces e que presentan unha serie de trazos que permiten distinguilos claramente do resto dos branquiópodos.

As especies dos dous xéneros actuais están considerados fósiles viventes, e non cambiaron significativamente desde o Triásico.Luc Brendonck, D. Christopher Rogers, Jorgen Olesen, Stephen Weeks & Walter R. Hoeh (2008): "Global diversity of large branchiopods (Crustacea: Branchiopoda) in freshwater". Hydrobiologia 595: 167–176.

Teñen o corpo formado por tres tagmas: céfalon, tórax e pleon; os dous primeiros e parte do pleon están cubertos por unha casca dorsal en forma de escudo.Denton Belk (2007): "Branchiopoda". En Sol Felty Light & James T. Carlton. The Light and Smith Manual: Intertidal Invertebrates from Central California to Oregon (4th ed.). Oakland, California: University of California Press. ISBN 978-0-5202-3939-5, pp. 414–417.

Esta casca fai inconfundíbel a esta orde, e recorda un pouco aos cangrexos de ferradura (orde dos xifosuros, da clase dos merostomados), animais mariños de moito maior tamaño.

Posúen un ollo naupliano e dous ollos compostos sésiles. O segundo par de antenas e as maxilas están reducidas ou faltan por completo.

O tórax consta de 11 segmentos, cada un cun par de apéndices (toracópodos) de tipo filopodial, é dicir, aplanados, foliáceos e lobulados. O pleon consta de 13 a 33 segmentos, con 29 a 52 pares de apéndices (pleópodos), de estrutura similar aos toracópodos. O telson posúee un par de cercos anelados moi longos.

Ciclo de vida Nas poboacións dos notostráceos do hemisferio norte dase con frecuencia un fenómeno de partenoxénese, segundo o cal, de ovos non fecundados nacen unicamente fembis, sendo os machos case inexistentes. Mentres que, a medida que se avanza cara aos trópicos, os machos poden chegar incluso a superar en número ás femias.

O macho adhírese ao cacho da femia e xunta seu 11º par de patas coas da femia. Tanto os ovos fecundados, como os que non o son, almacénanse nun compartimento que se encontra en 11º par de patas.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Fryer, G. (1988): "Studies on the functional morphology and biology of the Notostraca (Crustacea: Branchiopoda). Philosophical Transactions of the Royal Society London Series B 321: 27–124. García de Lomas, Juan e Jordi Sala, Miguel Alonso (2015): "Clase Branchiopoda, Orden Notostraca". Revista IDE@ - SEA', 71: 1–10. Ver en liña . Longhurst, Alan L. (1955): "A review of the Notostraca". Bulletin of the British Museum (Natural History)'' Zoological Series 3 (1): 3–57. Martin, J. W. & G.E. Davis (2001): An Updated Classification of the Recent Crustacea.

Categoría:Branquiópodos