Juan Nieto Dios, "Chiquita", nado na Illa de Arousa no 1925 e finado en Pontevedra o 14 de outubro de 1995, foi un armador e político galego.
Traxectoria Armador, nas eleccións municipais de 1983 foi cabeza de lista da Unión Isleña Democrática ó concello de Vilanova de Arousa e logrou un concelleiro. Non obstante, e pese a que o PSdeG-PSOE quedara ó bordo da maioría absoluta, os demais grupos políticos apoiárono como alcalde, o cal levantou gran polémica entre os socialistas e na Illa de Arousa, onde el residía e os socialistas lograran un esmagador triunfo, denunciándose presións a varios dos concelleiros que o apoiaron para que o fixesen. Este contexto foi de gran tensión, tendo que cambiar a súa residencia a Vilanova tras diversas ameazas mentres que o líder socialista Sito Vázquez tamén sufriu ameazas e unha agresión. Desta forma, e trala progresiva perda de apoios na corporación, perdeu a alcaldía tras unha moción de censura en outubro de 1985 que supuxo que os socialistas recuperasen o goberno. A moción tivo lugar uns días despois do feito máis relevante ocorrido baixo o seu mandato, a inauguración da ponte entre a Illa e Vilanova.
Vida persoal Casou con Palmira Pouso Dios e tiveron 15 fillos. Faleceu o 14 de outubro de 1995 no Hospital Provincial de Pontevedra tras sufrir un derramamento cerebral.La Voz de Galicia ed. Arousa, 15-10-1995, p. 41.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Vilanova de Arousa
Ligazóns externas Inauguró el puente, pretendió romper la tradición y sufrió la primera moción de censura La 'mafia' del contrabando mediatiza las crisis que atraviesan los principales ayuntamientos de la ría de Arosa Homenaje a la matriarca de una gran familia
Categoría:Alcaldes de Vilanova de Arousa Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en 1925 Categoría:Finados en 1995 Categoría:Nados na Illa de Arousa Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes