Gilberto Navarro Peidró, nado en Alcoi o 27 de novembro de 1935 e finado en Granada o 31 de xaneiro de 2019, foi un futbolista español, que xogaba como dianteiro.

Traxectoria Debutou como profesional no España de Tánxer, durante a tempada 1955/56 da Segunda División. Na seguinte campaña pasou ao Granada, onde tivo como adestradores aos galegos Álvaro e Pasarín. Anotou 21 goles en liga, sendo ese ano o terceiro máximo anotador da Segunda División, só por detrás de Araujo e Antonio Pedrero. Os seus goles contribuíron a que o equipo se proclamase campión e ascendese á Primeira División por segunda vez na súa historia. Xa na máxima categoría, foi titular en case todos os partidos da tempada e marcou 8 goles.

En 1958 foi traspasado ao Sevilla, nunha operación pola que Arsenio e Ramoní pasaron a ser xogadores do Granada CF, e na que entrou tamén Loren, cedido ao club granadino. Co Sevilla disputou só sete encontros de liga e un da Copa do Xeneralísimo, marcando catro goles, tres deles nun triplete contra o Valladolid. Tras xogar dous anos no Mallorca, regresou na tempada 1962/63 ao Granada, de novo en Segunda, e co que marcou 9 goles en 21 partidos. Na súa última campaña como futbolista profesional (1963/64), xa só xogou catro partidos, marcando un gol.

Selección nacional Foi internacional coa selección española B, coa que disputou a Copa Mediterránea en 1958.

Vida persoal Foi pai de Gilberto Navarro Ortiz, tamén dianteiro de fútbol e que xogou tamén varias tempadas no Granada.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en BDFutbol .

Categoría:Nados en 1935 Categoría:Nados en Alcoi Categoría:Futbolistas da Comunidade Valenciana Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Granada CF Categoría:Xogadores do Sevilla FC Categoría:Xogadores do RCD Mallorca