miniatura|Torre da homenaxe O castelo das Ellas (Castelu das Ellas en lagarteiro) é unha fortaleza situada na localidade homónima do val de Xálima en Estremadura.

Historia En novembro de 1302 o rei Fernando IV doou o seu territorio á Orde de Alcántara e quedou baixo a encomenda de Salvaleón . O castelo construíuse durante o século XV e reformouse no XVI. Como sede, dende 1455, dunha das encomendas da Orde de Alcántara logrou unha salientable importancia e no século XVII, durante a guerra con Portugal, foi un enclave estratéxico, porén quedou parcialmente destruído.

Conservación A partir do século XVIII viviu unha progresiva decadencia e acabou por quedar nun estado de ruína pola falta de conservación. En 2005 o concello, o seu propietario, investiu preto de 80.000 euros na súa consolidación e restauración.

En 1976 o castelo declarouse Monumento Histórico Artístico e atópase so a protección da declaración xenérica do Decreto de 22 de abril de 1949, e máis a Lei 16/1985 sobre o Patrimonio Histórico Español. Do castelo consérvanse as súas dúas torres, unha prismática e outra redonda, e vestixios da muralla, ademais de parte do peche do recinto principal que forma parte das tapias do actual cemiterio, que se sitúa no que era o recinto interior do castelo. Parte das pezas labradas do catelo utilizáronse para enmarcar as sepulturas.

Notas

Categoría:As Ellas Categoría:Castelos de España