miniatura|270px|Saguia el Hamra, preto de O Aaiún Un uadi,VV. AA. (2004): Dicionario de galego. Vigo: Ir Indo Edicións. ISBN 84-7680-504-7. ás veces escrito wadi, wad ou ued, é un termo de orixe árabe para referirse a un val ou a un río seco polo cal só discorre a auga na tempada de chuvias.

Dito doutro xeito, é un curso intermitente de auga, carcterístico das zonas desérticas ou semidesérticas.

Etimoloxía Wadi deriva do árabe clásico وادي wādi (plural ´adiya),Hans Wehr (1976): A Dictionary of Modern Written Arabic, páx. 1059, columna 2. que á súa vez provén da raíz semítica و د ي , relacionada con «sacar, asomar, proxectar de repente», en referencia ás súas augas. En árabe actual o termo máis común para referirse a un río estacional é, porén, shuʿaib (شعيب), xa que wādi pasoou a significar 'val', en xeral. Porén, ambos os termos póden usarse indistintamente.

Guad- e Odi- en Iberia thumb|Uadi en Nachal Paran, no deserto de Néguev (Israel) thumb|Wādi Musa (Xordania)

En España o nome de moitos ríos teñen a forma guad-, especialmente no sur peninsular (Guadalhorce, Guadalquivir, Guadarrama e Guadiana, entre outros); recibiron este nome durante a dominación árabe, e provén da raíz árabe común wādi "val, leito (do río)".

En Portugal configurouse como ode- ou odi- e é un prefixo común en moitos hidrónimos do sur do país: Odeleite, Odivelas, Odiana, Odemira, Odivarga, Odiáxere etc.

Especulouse moito acerca da etimoloxía do río Odiel, na provincia de Huelva; Miguel Asín Palacios e arabistas posteriores defenderon que provén de wad-, porén a evidencia demostrou que procede do latín Urium, como era coñecido na época romana.

Características Os leitos secos ou estacionais de ríos, torrentes e arroios son típicos de todas as rexións cálidas e semiáridas ou desérticas do mundo. Hai numerosos ’āwdiya na península Arábiga, no levante mediterráneo e no norte de África. Estes leitos poden ter até máis de cen metros de anchura; xeralmente, só levan auga durante breves tempadas chuviosas —de horas, días ou como moito semanas de duración— que poden ser de periodicidade anual ou esporádicas e impredicíbeis, tanto na época do ano en que ocorren como na pluviosidade.

Nestas rexións, a escasa vexetación é xerófila, espiñenta e de lento crecemento, e está limitada ao contorno dos ’āwdiya. Se no subsolo ou na superficie destes leitos secos se almacena a auga, a vexetación pode ter un carácter máis exuberante e orixinar un tipo de oasis, aínda que a vexetación natural nestes normalmente é substituída por especies domésticas, como a datileira (Phoenix dactylifera), árbores froiteiras, hortalizas e herbas forraxeiras, ás veces plantadas por quens habitan e usufructúan o oasis.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Ángel Ramos, editor (1987): "Zonas áridas" en: Diccionario de la naturaleza. Madrid: Espasa-Calpe. ISBN 84-2396-949-5.

Categoría:Vales