A podocalixina é unha sialoglicoproteína que se pensa é o principal constituínte do glicocálix dos podocitos do glomérulo renal (cápsula de Bowman).Omim - Podocalyxin-Like; Podxl É un membro da familia do CD34 de sialomucinas transmembrana. Cobre as prolongacións pediculares secundarias dos podocitos. Como ten moitas cargas negativas, a súa función é manter separadas as prolongacións pediculares adxacentes, mantendo así a barreira de filtración urinaria aberta. Que esta é a súa función está apoiado ademais por estudos de knockout de xenes en ratos que revelan que xoga un papel esencial na morfoxénese dos podocitos e un papel na abertura do lume vascular e a regulación da permeabilidade vascular. Cómpre salientar que este é o único knockout de sialomucina da superficie celular coñecido que mostra un fenotipo mortal. A podocalixina está tamén regulada en varios tipos de cancros e está frecuentemente asociada cun mal prognóstico. As glicoformas sialiladas, O-glicosiladas da podocalixina expresadas por células de carcinoma de colon posúen actividade de unión a selectinas como a L-selectina e a E-selectina, e poden ser fundamentais para o espallamento de metástases de células de carcinoma de colon. A nivel celular a podocalixina tamén regula o tamaño e topoloxía de dominios apicais de células epiteliais e actúa como un potente inductor da formación de microvilosidades.

Notas

Categoría:Proteínas de membrana