Ventris C. Gibson, nada en Roseland, Virxinia, o 22 de marzo de 1956, é unha alta funcionaria do Goberno estadounidense, que ocupou o cargo de directora da Casa da Moeda dos Estados Unidos de decembro de 2021 a marzo de 2025.

Traxectoria Gibson recibiu a súa formación superior na Universidade de Maryland."Ventris C. Gibson". United States Mint.

Logo exerceu unha longa carreira na Mariña dos Estados Unidos e posteriormente incorporouse ao Departamento de Asuntos dos Veteranos, onde dirixiu a Oficina de Xestión de Recursos Humanos (1996-1998) e foi subsecretaria adxunta de Xestión de Recursos Humanos (1998-2003). Durante a súa xestión, Ventris Gibson participou nunha investigación sobre as denuncias de acoso sexual no Hospital de Veteranos de Fayetteville, en Arcansas.Sexual Harassment in the VA and H.R. 1703, Department of Veteran's Affairs Employment Discrimination Prevention Act. U.S. Government Printing Office, Washington, 1998. Páxina 13. ISBN 978-0-16-056267-9 Na Administración estadounidense, foi tamén xefa de recuirsos humanos da Administración Federal de Aviación (2003-2010).Rottenberg, L. (2016). Crazy Is a Compliment: The Power of Zigging When Ever yone Else Zags. Penguin Pub. ISBN 978-1-59184-799-1

Entre 2012 e 2013, Gibson exerceu o seu labor como consultora na compañía North Highland, de Atlanta, Xeorxia, e máis tarde incorporouse á Xunta Nacional de Relacións Laborais, onde ocupou o posto de xefa de recursos humanos en 2013 e directora administrativa en 2014. Entre 2014 e 2015 foi subsecretaria adxunta do Departamento de Saúde e Servizos Humanos. En outubro de 2021, Gibson incorporouse á Casa da Moeda dos Estados Unidos (US Mint), primeiro como subdirectora e logo como directora en funcións, como consecuencia da renuncia ao seu posto do anterior director, David J. Ryder.Gibbs, W. T. (2021). "Ryder resigning as U.S. Mint director Oct. 1". En Coin World. 24 de setembro .Unser, M. (2021). "Ryder Resigns as U.S. Mint Director". En Coin News. 27 de setembro. Finalmente, foi nomeada directora titular polo presidente Joe Biden en decembro de 2021,"Treasury Announces New U.S. Mint Acting Director ". En Just Real News. 24 de setembro de 2021."President Biden Announces Key Nominees ". The White House.Gilkes, P. (2022). "President Biden appoints his U.S. Mint director". En Coin World. 14 de xaneiro.Martínez Gallego, J. M. "El presidente Joe Biden nombra a Ventris C. Gibson directora de la US Mint ". En Crónica Numismática. e confirmada no cargo polo pleno do Senado dos Estados Unidos o 15 de xuño de 2022."Ventris C. Gibson Confirmed as 40th Director of the U.S. Mint". En Coins Weekly. 30 de xuño de 2022. O 31 de marzo de 2025 cesou neste cargo posto e foi substituída de xeito interino pola ata daquela subdirectora Kristie McNally, ata a designación oficial do seu sucesor.Gilkes, P. (2025). "Gibson retires from Mint Director's position". En Coin World. 20 de marzo.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Director da Casa da Moeda dos Estados Unidos Casa da Moeda dos Estados Unidos

Categoría:Nados en 1956 Categoría:Nados en Virxinia Categoría:Directores da Casa da Moeda dos Estados Unidos Categoría:Militares dos Estados Unidos de América Categoría:Alumnos da Universidade de Maryland