A Forza Aérea Brasileira (FAB) é a forza aérea das Forzas Armadas Brasileiras e un dos tres servizos nacionais uniformados. A FAB formouse cando as ramas aéreas do Exército e da Armada fusionáronse nunha única forza militar chamada inicialmente "Forzas Aéreas Nacionais" en 1941. As dúas ramas aéreas transferiron o seu equipamento, instalacións e persoal á nova forza.
A Forza Aérea Brasileira tivo o seu bautismo de fogo durante a segunda guerra mundial, participando na guerra antisubmarina no Atlántico Sur e, en Europa, como integrante da Forza Expedicionaria Brasileira que loitou ao lado dos Aliados na fronte italiana.
Segundo Flight International (Flightglobal.com) a Forza Aérea Brasileira opera 524 avións, e en outubro de 2021 tiña 68 602 efectivos militares. A FAB é a forza aérea máis grande do hemisferio sur e a segunda máis grande de América, despois da Forza Aérea dos Estados Unidos.
Historia
Orixes O Exército Brasileiro foi o primeiro en demostrar interese en actividades aeronáuticas para fins militares, baixo a inspiración do Mariscal Hermes da Fonseca, que procurou desenvolver a aerostación militar, para fins de recoñecemento de territorios, porén, durante o primeiro voo dun globo militar no Brasil, o 20 de maio de 1908, o tenente Juventino Fernandes da Fonseca faleceu nun accidente con ese globo, levando ao Exército desistir de proseguir cos seus plans.
Os primeiros voos de avións realizáronse no Brasil en 1910. O día 14 de outubro de 1911 creouse o "Aero-Club Brasileiro", coa participación de varios entusiastas, tanto civís como militares, sendo Alberto Santos Dumont o seu presidente honorario. O aeroclub organizou de inmediato unha campaña nacional a fin de conseguir fondos para permitir a fundación dunha escola de aviación. Porén, a campaña tivo dificultades para conseguir avións, material de mantemento e, principalmente, instrutores de pilotaxe e de mecánica aeronáutica. Fronte aos avances doutras Armadas, a Mariña do Brasil resolveu en 1916 crear o seu servizo de aviación.
Formación A fundación da Royal Air Force británica en 1918, da Forza Aérea de Italia e da Forza Aérea de Francia durante a década de 1920, levou a idea de unir o poder aéreo brasileiro baixo a mesma organización. Xunto con eses eventos, os estrategas brasileiros tamén estaban influenciados polas teorías de Giulio Douhet, Billy Mitchell e Hugh Montague Trenchard.Daróz 2016, p. 108
Tras o final da primeira guerra mundial, as escolas de aviación brasileiras continuaron formando pilotos, porén, en menor número, xa que o orzamento era reducido.Daróz 2016, p. 108 En 1921 o goberno federal determinou a estruturación da defensa do litoral, co estabelecemento de dúas liñas, sendo unha polo interior e outra ao longo da costa, ligando Río de Xaneiro e a rexión sur do país. En 1922 creáronse as bases de operación da aviación naval en Río de Xaneiro (actual Base Aérea do Galeão) e en Santos (actual Base Aérea de Santos).Daróz 2016, p. 118 No mesmo ano fundáronse tamén as primeiras bases no sur do país, en Santa Maria (actual Base Aérea de Santa Maria) e en Alegrete, desactivada pouco tempo despois.
A década de 1920 estivo marcada por numerosos movementos de protesta contra a política oligárquica practicada polo goberno federal, froito dos intereses políticos das clases dominantes dos estados de São Paulo e Minas Gerais, ademais do relevo na presidencia da República coa política do café con leite, que trouxo o descontento dos demais estados brasileiros, principalmente entre os militares. Debido a iso xurdiu un movemento denominado Tenentismo, que causou diversas rebelións entre os militares de medio e alto rango do Exército Brasileiro e da Mariña do Brasil.
O primeiro manifesto público para crear un servizo aéreo militar integrado xurdiu en 1928,Incaer 2007, p. 114 cando o entón Maior do Exército Lysias Augusto Rodrigues escribiu un artigo chamado Uma necessidade premente: o Ministério do Ar. Dous anos máis tarde, a Misión Militar Francesa, que estaba auxiliando ao Exército Brasileiro, deu os primeiros pasos para organizar unha forza aérea nacional.Daróz 2016, p. 108 A idea recibiu maior apoio cando un grupo de aviadores brasileiros chegou de Italia en 1934 e mostrou as vantaxes de ter unha aviación militar unificada.Daróz 2016, p. 122 Ademais diso, a revolución social española e os primeiros movementos da segunda guerra mundial ao final dos anos 30 mostraron a importancia do poder aéreo para as estratexias militares.Daróz 2016, p. 124
Na década de 1930 as dúas aviacións militares brasileiras crearan servizos de correo aéreo. O 12 de xuño de 1931 o Curtiss Fledgling da Aviación Militar, pilotado polos tenentes Casimiro Montenegro Filho e Nelson Freire Lavenère Wanderley, transportou a primeira bolsa de correo entre as cidades de Río de Xaneiro e São Paulo, enfrontándose a diversas dificultades, como un vento de fronte, que reduciu a velocidade a 80 quilómetros por hora, aumentando a duración da viaxe en dúas horas. Ao chegar a São Paulo, tras cinco horas e media de voo partindo do Campo dos Afonsos, xa era noite e, coas luces da cidade, foi imposible localizar o aeroporto Campo de Marte, polo que aterraron na pista do Jockey Club da Mooca (actual Jockey Club de São Paulo). En tan só seis meses de voos as rutas xa cubrían 1 731 quilómetros, e transportáranse 340 kg de correspondencia, ademais de formar 37 pilotos con experiencia en voos de longa distancia.
Un dos principais defensores do plan para crear unha forza aérea independente foi o entón presidente Getúlio Vargas. Este organizou un grupo de estudos no inicio de 1940 e toda a estrutura do Ministerio da Aeronáutica foi creada no final dese ano. Esta nova axencia gobernamental era a responsable de todos os aspectos da aviación civil e militar, incluíndo regulación, infraestrutura e organización.
Segunda guerra mundial miniatura|240x240px|Republic P-47 Thunderbolt da FAB usado durante a segunda guerra mundial En xaneiro de 1941, os acontecementos en Europa como resultado da segunda guerra mundial levaron ao goberno brasileiro a centralizar nun único mando as operacións aéreas das Forzas Armadas do Brasil, creando o Ministerio da Aeronáutica, que foi fundado o 20 de xaneiro de 1941. O seu ramo militar denominouse inicialmente "Forzas Aéreas Nacionais", cambiando o nome polo de "Forza Aérea Brasileira" a través do decreto-lei nº 3 302, do 22 de maio de 1941. Os ramos aéreos do Exército e da Mariña desapareceron e todo o persoal, aeronaves, instalacións e outros equipamentos relacionados foron transferidos á FAB.
Coa desaparición das aviacións militar e naval, a Forza Aérea Brasileira herdou 430 avións de 35 modelos diferentes, todos obsoletos, os cales non permitían enfrontarse a potencias da guerra, como Alemaña e a Unión Soviética, polo que Brasil adquiriu novas aeronaves aos Estados Unidos a través du acordo de préstamo e arrendamento, chegando os primeiros Curtiss P-36 Hawk en 1942. O día 22 de agosto de 1942, despois de que varios navíos brasileiros fosen torpedeados e afundidos, o Brasil declarou a guerra a Alemaña e a Italia. Organizáronse convois navais e unidades aéreas da FAB e da Armada dos Estados Unidos para patrullar os mares brasileiros, para protexer o país da ameaza submarina alemá. Ao final de 1942 o goberno brasileiro decidiu enviar unidades militares para loitar ao lado das nacións aliadas en Europa. A Forza Expedicionária Brasileira estaba composta por sectores de infantaría, unidades de artillaría e dunha compoñente aérea, formada polo 1º Grupo de Aviación de Caza (1º GAvCA) e pola 1ª Esquadrilla de Enlace e Observación (1ª ELO). Esas unidades chegaron a Italia en 1944 e loitaron xunto o Exército e a Forza Aérea dos Estados Unidos.
Posguerra e guerra fría miniatura|240x240px|Northrop F-5 da FAB Tras a segunda guerra mundial a FAB comezou a voar co caza a reacción británico Gloster Meteor. Os reactores foron comprados aos británicos a cambio de 15 000 toneladas de algodón en bruto, xa que Brasil non tiña suficientes reservas en moeda estranxeira. O modelo operou coa FAB ata mediados dos anos 60, cando foi substituído polos Lockheed F-80C e TF-33A, que máis tarde foron substituídos polos reactores MB-326, Mirage III e Northrop F-5.
Durante a guerra fría, a República brasileira aliñouse cos Estados Unidos e a OTAN. Isto significaba que os F-5 podían ser comprados máis baratos aos Estados Unidos, onde este modelo se coñecía como "Freedom Fighter". Moitos outros países, como México, tamén se beneficiaron desta política.
Embraer (Empresa Brasileira de Aeronáutica, Aeronáutica brasileira Co.) ten a súa orixe como unha empresa directamente xestionada e promovida pola FAB. Traballando con empresas italianas, desenvolveu o avión de ataque AMX (coñecido localmente como A-1), que constitúe a espiña dorsal da forza de ataque da FAB. O exitoso Tucano T-27 e o avión de ataque A-29, fabricados pola Embraer, tamén son amplamente utilizados pola FAB.
Presente O 18 de decembro de 2008, o Presidente da República, Luís Inácio Lula da Silva, asinou o Decreto nº 6 703, aprobando a Estratexia Nacional de Defensa. O texto buscaba reafirmar a necesidade de modernizar as Forzas Armadas.
O goberno brasileiro lanzou un paquete de medidas que, en cinco anos, garantía investimentos no sector equivalentes ao 2,5% do PIB brasileiro, un aumento do 75%. En 2008 investíronse 5 600 millóns de dólares en novo equipamento.
Inventario AviónOrixeTipoVarianteEn servizoNotasCombateNorthrop F-5Estados UnidoscazaF-5EM42AMX InternationalBrasil / ItaliaataqueA-1/A-1M468 actualizados a A-1MEmbraer EMB 314BrasilcontrainsurxenciaA-29A31 JAS 39 GripenSuecia / BrasilmultirrolF-39E595 pedidosAWACSEmbraer R-99BrasilAEW&CE-995RecoñecementoEmbraer R-99BrasilSIGINT3Learjet 35Estados Unidosrecoñecemento6Embraer EMB 110Brasilvixilancia3Patrulla marítimaEmbraer 110Brasilpatrulla marítima12Lockheed P-3Estados Unidospatrulla marítimaP-3AM81 usado para adestramentoAbastecemento aéreaAirbus A330-200 MRTTEuropaabastecemento / transporteKC-X32 pedidosKC-130 HerculesEstados Unidosabastecemento / transporteKC-130H2TransporteAirbus A319Alemañatransporte VIP1avión presidencialEmbraer 100Brasilutilitario / transporte VIP22 pedidosEmbraer 110Brasilutilitario / transporte45Embraer 120Brasilutilitario / VIP 19Embraer 190Brasiltransporte VIP 2C-130 HerculesEstados Unidostransporte / SARC-130M10 CASA C-295Españatransporte / SAR145 usados como SAR - 2 pedidosCessna 208Estados Unidosutilitario30Embraer KC-390Brasiltransporte / abastecemento522 pedidosHelicópteros Eurocopter EC725Franciatransporte / VIP 124 pedidos - fabricados por Helibras Eurocopter AS332Franciatransporte / VIP 42 designados VH-34 para transporte VIP - fabricados por HelibrasEurocopter EC135AlemañaVIP / utilitario2fabricados por HelibrasSikorsky UH-60Estados UnidosutilitarioUH-60L/M16Mil Mi-24RusiaataqueMi-3512Adestradores AMX InternationalBrasil / ItaliaataqueAMX-T8 Embraer EMB 312Brasiladestrador102 Embraer EMB 314Brasiladestrador avanzadoA-29B62Northrop F-5Estados Unidosadestrador a reacciónF-5FM4 JAS 39 GripenSuecia / Brasiladestrador de conversión F-39F8 pedidosEurocopter AS350Franciahelicóptero adestrador20UAVHermes 450Israelrecoñecemento4Hermes 900Israelrecoñecemento12 pedidosIAI HeronIsraelrecoñecemento2
Notas
Véxase tamén Bibliografía Daróz, Carlos (2016). O Brasil na Primeira Guerra Mundial. Río de Xaneiro, Brasil: Editora Contexto. ISBN 978-85-7244-982-3 Instituto Histórico e Cultural da Aeronáutica (2007). História Geral da Aeronáutica Brasileira. Rio de Janeiro, Brasil: Editora Itatiaia. ISBN 978-85-3190-332-8
Brasil Categoría:Aviación no Brasil Categoría:Forzas armadas do Brasil