Joaquín María José Dionisio Francisco Borja de la Sagra Perís, nado na Coruña o 9 de outubro de 1784Almanaque gallego 1906, p. 95. e finado en Montevideo o 26 de marzo de 1851,Segundo outras fontes finou o 26 de maio. foi un xurista e político galego.
Traxectoria
Fillo de Lorenzo Martínez de la Sagra (procedente dunha familia de Xaén, con intereses comerciais no río da Prata) e Antonia Rodríguez Perís, foi irmán de Ramón de la Sagra. Con dezaseis anos emigrou a Uruguai. Pertenceu á masonaría e introduciuse nos círculos masónicos do Uruguai, chegando a Mestre da loxa "Perfeita Amizade” e en 1827 pertencía tamén a "Les Amis de la Patrie". Foi membro e refundador en 1818 do Hospital de Caridad e Casa de Expósitos de Montevideo. En 1821 era Secretario da Hermandad de Caridad. Foi membro do Consello de Estado e da Asemblea de Notables. Contribuíu á independencia do Uruguai, durante o sitio grande de Montevideo creou un corpo de voluntarios que mandou el mesmo co grao de coronel.
O 13 de xullo de 1839 foi nomeado membro do Tribunal de Xustiza. En 1848 formou parte da Asociación Nacional.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas
Joaquín de la Sagra y Periz. Filántropo, jurista, político y masón. Hijo de Santistebeño y prohombre del Uruguay Joaquín De la Sagra y Periz
Categoría:Xuíces de Galicia Categoría:Galegos do Uruguai Categoría:Masóns de Galicia Categoría:Nados na Coruña
Categoría:Nados en 1784 Categoría:Finados en 1851