Cándida Filomena Otero Fontán, nada en Pontevedra o 28 de outubro de 1846 e finada en Vigo o 7 de marzo de 1915, foi unha galega pioneira da fotografía profesional. miniatura|Retrato feito por "F. Prosperi y Señora" en 1900. Prosperi morrera en 1899. Traxectoria Foi a cuarta filla de Isidoro Otero de Dios e de Sebastiana Fontán Barcia. O 25 de setembro de 1869 casou na mesma igrexa na que fora bautizada, San Bartolomeu de Pontevedra, co italiano Felipe Prósperi (1817-1899), moito máis vello ca ela. Instaláronse como fotógrafos, primeiro en Pontevedra, na rúa Parador, e despois en Vigo, na rúa Sombrereros, logo na rúa Triunfo e por último na rúa do Príncipe.
Á morte de Felipe, en 1899, Cándida Otero quedou á fronte do negocio como Viuda de Prósperi. Non tiveran fillos. En 1907 asociouse con Jaime Pacheco, levando a empresa o nome de Pacheco y vda. de Prósperi., Fernanda. "Cándida Otero (1846-1915)"
O traballo do matrimonio Prosperi-Otero foi a orixe do que despois se deu en chamar Arquivo Pacheco..
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Arquivo Pacheco Jaime Pacheco Ligazóns externas "fotografaspioneiras" Fernanda Padín Ogando Do gris ao violeta Concello de Pontevedra.
Categoría:Fotógrafos de Galicia coa obra no dominio público Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1846 Categoría:Finados en 1915 Categoría:Artigos creados co asistente para a creación de artigos