miniatura|Exemplo: imagotipo de Acción Contra el Hambre. Un imagotipo é un tipo de logo composto pola súa tipografía e unha imaxe ou símbolo. É unha das formas de representación gráfica dunha marca. Neste, a icona e o nome da marca forman unha unidade visual, é dicir, ambas conforman un conxunto visual.
No imagotipo, combínanse a icona e o texto nunha única composición. Nesta composición, ámbolos elementos constitúen un todo debidamente harmonizado e interdependente, sen estaren fusionados.
Principais características
Claridade: a pesar de que traballa en simultáneo con imaxe e palabras, un imagotipo debe manter a claridade das súas partes no deseño. Así, a parte gráfica estará perfectamente diferenciada dos logos ou palabras. Equilibrio: aínda que diferenciados os elementos, estes combinaranse de maneira harmónica. Nin as palabras nin a icona deben ter preponderancia sobre o outro. Desta maneira conséguese que a mensaxe visual se transmita ao unísono. Simplicidade: se ben combina dous elementos gráficos diferentes, mantén a súa simplicidade co fin de que se poida recordar facilmente. Ademais, isto favorece a reprodución do imagotipo en diferentes medios e tamaños. Representativo: un imagotipo representa as características máis esenciais da empresa. Desacoplable: o imagotipo pode separarse en dúas partes (icona e palabras). Con todo, aínda separadas estas partes deben representar a marca e identificarse con ela, xa que en ocasións talvez deban usarse como único logo en espazos que admitan só unha imaxe ou só palabras. Véxase tamén Outros artigos Isologo
Categoría:publicidade Categoría:Deseño gráfico