miniatura| Emisións mundiais de gases de efecto invernadoiro por sector económico O Quinto informe de avaliación do Grupo intergobernamental sobre o cambio climático, tamén coñecido abreviadamente como 5º Informe do IGCC (en inglés IPCC 5th Assessment Report ), é a penúltima actualización das actividades do Grupo intergobernamental sobre o cambio climático, que compila e sintetiza os estudos de miles de científicos de todo o mundo sobre o quecemento global. É resultado da cooperación entre a Organización Meteorolóxica Mundial e o Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente.IPCC. "IPCC Working Group I full report" . IPCC Media Advisory, 30/09/2013. IPCC. Summary for Policymakers. Working Group I Contribution to the IPCC Fifth Assessment Report Climate Change 2013: The Physical Science Basis.
A publicación do Quinto informe do IGCC foi moi esperada pola súa solidez científica e a súa influencia na toma de decisións dos gobernos do mundo."Empresas buscam relatório do IPCC para avaliar riscos climáticos" . MSN Notícias, 26/09/2013.Naves, Filomena. "Relatório do IPCC sobre alterações climáticas publicado amanhã" . Diário de Notícias - Ciência, 26/09/2013.Abdala, Vitor. "Impacto das mudanças climáticas na saúde da população preocupa governo brasileiro". Agência Brasil, 06/10/2013. A versión final apareceu en 2014; o seguinte relatorio foi formulado en 2016 e desenvolvido nos anos seguintes entre os que foron publicados tres relatorios especiais e o presentado o Sexto informe do IGG en agosto de 2021, estando previsto o relatorio de síntese para outubro de 2022.
O 5º informe confirmou que o home é o responsábel do quecemento do planeta, e advertía dos perigos da inacción. O Informe analizou datos que non estaban incluídos nos estudos do informe anterior (Cuarto informe do IGCC), e utilizou modelos teóricos mellorados, con todo, suscitou críticas entre escépticos e negacionistas. Netto, Andrei. "Para IPCC, planeta nunca esteve pior". O Estado de S. Paulo, 27/09/2013.Leite, Marcelo. "Análise: Com IPCC na defensiva, novo relatório ainda tem combustível para polêmica". Folha de S.Paulo, 23/09/2013. As principais conclusións do informe foron: IPCC. Summary for Policymakers. Working Group I Contribution to the IPCC Fifth Assessment Report Climate Change 2013: The Physical Science Basis. Toledo, Karina. "Quinto relatório do IPCC mostra intensificação das mudanças climáticas". Agência Fapesp, 27/09/2013. miniatura|Recúo do glaciar Helheim entre 2001 e 2005.
O quecemento é inequívoco. O mundo quentouse de media 0,85 °C de 1880 a 2012. A atmosfera e os mares quentáronse, o xeo e a neve diminuíron. A manifestación do fenómeno en todo o mundo e os seus efectos non é uniforme. No Ártico é onde o quecemento se sente máis. A principal causa é, con elevadísimo grao de certeza, a emisión de gases estufa polas actividades humanas, con énfase na emisión de dióxido de carbono. As concentracións de gases de efecto invernadoiro aumentaron. A evidencia que indica a orixe humana reforzouse desde o 4º informe. As últimas tres décadas foron as máis cálidas desde 1850. O aumento da Tra entre as medias de 1850-1900 e de 2003-2012 foi de 0,78 °C Os océanos acumularon a maior parte do quecemento, amortecendo o da atmosfera, almacenando máis do 90% da enerxía do sistema climático e moito dióxido de carbono. Os 700 m superiores do océano quentáronse entre 1970 e 2010, e probabelmente se afectou no fondo. Non obstante, a medida que o océano se quenta, perde a súa capacidade para absorber o CO2, o que pode acelerar os efectos atmosféricos ao alcanzar a saturación. O mar é cada vez máis ácido pola absorción de CO2. O nivel do mar subiu uns 19 cm entre 1900 e 2010 pola expansión térmica das augas. A cota podería chegar a superar os 80 cm en 2100. O xeo retrocede rapidamente na maioría das rexións frías. O réxime de precipitacións, as correntes mariñas e os patróns de ventos están a ser perturbados, aumentando as secas e inundacións. Os efectos combínanse para xerar novas causas, nun efecto dominó que agrava as consecuencias. Aínda que as emisións se detivesen de inmediato, habería un quecemento adicional pola lentitude de certas reaccións e os efectos acumulativos. O quecemento ten efectos a longo prazo e afecta a toda a biosfera. Se as emisións continúan así, o quecemento aumentará, podendo chegar a 4,8 °C en 2100, os efectos negativos multiplicaranse con graves repercusións para o benestar da humanidade e demais formas de vida. Evitar que as previsións máis pesimistas se fagan realidade requirirá unha redución rápida e importante das emisións.
Outra conclusión foi o fortalecemento do consenso anterior de que as decisións adoptadas nas próximas dúas décadas terán efectos decisivos a longo prazo, moitos deles potencialmente catastróficos e irreversibles, recomendando aínda máis as medidas preventivas urxentes.IPCC. WGII AR5: Climate Change 2014: Impacts, Adaptation, and Vulnerability: Summary for Policymakers , 2014 Segundo Suzana Kahn, investigadora brasileira que colabora co IPCC, O traballo do IGCC representa o estado da arte sobre o quecemento, é o consenso global dos científicos,The National Academies. "Understanding and Responding to Climate Change". Highlights of National Academies Reports, 2008.Oreskes, Naomi. "Beyond the Ivory Tower: The Scientific Consensus on Climate Change". In: Science, dez/2004; 306 (5702):1686. e mesmo nos EEUU, que durante a Administración Bush foi o bastión máis influente do escepticismo climático, xa o é observou un cambio de posición ante unha forte evidencia científica."US climate scientists pressured on climate change". NewScientist, 31/01/2007."Groups Say Scientists Pressured On Warming". CBS News, 30/01/2007.Gillis, Justin. "In Poll, Many Link Weather Extremes to Climate Change". The New York Times, 07/04/2012Leiserowitz, A. et alii. Extreme Weather, Climate & Preparedness In the American Mind. Yale University and George Mason University. New Haven, CT: Yale Project on Climate Change Communication, 2012. Barack Obama lanzara un programa decidido para combater o quecemento global baseado na evidencia científica,"While Congress sleeps". The Economist, 29/06/2013.Rubin, Jennifer. "Obama’s climate gift to Republicans". The Washington Post, 25/06/2013."Obama Might Actually Be the Environmental President". New York Magazine, mai/2013. e o Secretario de Estado John Kerry foi enfático acollendo o informe: A actitude dos EEUU mudou cara a posicións escépticas e negacionistas coa Administración Trump, e retomou de novo o consenso científico con Joe Biden.
Notas
Véxase tamén Outros artigos
Organización Meteorolóxica Mundial Quecemento global Sexto Relatorio de Avaliación do IPCC
Ligazóns externas IPCC.Fifth Assessment Report (AR5).
Categoría:Quecemento global