Trisha Fernández de Jesús, coñecida como Trisha Fernández, nada en Luanda (Angola) o 19 de novembro de 1994, é unha actriz, modelo e presentadora galega.
Traxectoria Filla de galego e angolana, a súa nai morreu cando tiña dous anos e ela e seu pai viñeron para Galicia onde se criou entre Filgueira (Crecente) e A Caniza. Despois marchou a Vigo estudar ao IES da Guía e comezou a facer traballos de modelo. En 2013 representou a Galicia no certame de Miss España, ademais de xogar a balonmán. Logo marchou a Madrid, onde viviu 8 anos, e foise facendo coñecida polo seu papel de Marcia en Acacias 38. Antes da pandemia do coronavirus abrira o local de hostelaría La Lola Albacería.
Volveu a Galicia e en setembro de 2021 comezou a presentar o Luar da TVG con Xosé Ramón Gayoso. Participou noutros programas da TVG como Land Rober Tunai Show, Atrápame se podes, Comando G ou Tupper Club.
En 2026 copresentou os Premios Mestre Mateo en Lugo.
Filmografía
Ocultos (2015). Curtametraxe. Aquelarre (2016). Curtametraxe. Chistes de amor (2017). Curtametraxe. Serás mi novia (2018). Curtametraxe. Todo por el juego (2018). Serie TV. Cuentos cortos de Carlos Cabero (2018). Serie TV. Cuando florezca el cerezo (2018), de Carlos Cabero. Fariña (2018). Mini serie TV. Como a moza da piscina. Bernarda (2018), de Emilio Ruiz Barrachina. Nunca fuimos ángeles (2019), de Carlos Cabero. En el corredor de la muerte (2019). Mini serie TV. Acacias 38 (2019-2020). Serie TV. Como Marcia Sampaio. No muertos (2020). Serie TV. Encerrados (2021), de Carlos Cabero.
Notas
Véxase tamén
Ligazons externas Trisha Fernández no Instagram. Trisha Fernández: 'Podo ser así, china ou coma ti e ser galega e estar orgullosa de ser galega', YouTube, 2021
Categoría:Actores de Galicia Categoría:Nados en Luanda Categoría:Nados en 1994