Noche de fuego é un filme mexicano de 2021 dirixido e escrito por Tatiana Huezo. É unha adaptación da novela de Jennifer Clement Prayers for the Stolen. Foi escollido como candidato de México para o Óscar ó mellor filme internacional na 94ª edición dos premios, clasificándose na lista curta de decembro. Estreouse en liña a través de Netflix o 17 de novembro de 2021.
Sinopse Tres nenas de Guerrero chegan á maioría de idade nunha vila rural dominada polo narcotráfico e o tráfico de persoas.
Personaxes
Mayra Batalla como Rita Alejandra Camacho como Paula (adolescente) Marya Membreño como Ana (adolescente) Ana Cristina Ordóñez González como Ana (nena) Memo Villegas como Leonardo Norma Pablo como Luz Giselle Barrera Sánchez como María (adolescente) Blanca Itzel Pérez como María (nena) Julián Guzmán Girón como Margarito (adolescente) David Illescas como o mestre Eileen Yañez como Concha Camila Gaal como Paula (nena) Olivia Lagunas como Zulma Teresa Sánchez como Helena Andrés Chavero Medina como Joel Gabriela Núñez como Artemia José Estrada como Margarito (neno) Daniela Arroio como o doutor
Estrea En xuño de 2021, foi escollido para competir na sección Un Certain Regard do Festival Internacional de Cinema de Cannes. En Cannes, recibiu unha Mención Especial na sección Un Certain Regard.
Estreouse nos cinemas de México o 16 de setembro de 2021.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes propostos ó mellor filme internacional na 94ª edición dos Óscar Filmes de México propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 2021 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de México Categoría:Filmes ambientados en México