Os partisanos e as partisanasDefinición: partisano , sitio digital 'WordReference'. eran combatentes nunha organización de guerrillas que xeralmente se opoñen a un exército de ocupación. Esta denominación asóciase con máis frecuencia a organizacións clandestinas de resistencia durante a segunda guerra mundial.
Este termo pode estar vinculado ou referido aos artigos de Wikipedia que se indican a continuación:
Maquis, combatentes da guerrilla antifranquista española. Partisanos albaneses, movemento comunista de resistencia á ocupación italiana (entre 1939 e 1943) e logo ao nazismo en Albania. Partisanos soviéticos, movemento da Unión Soviética contra o avance alemán na Fronte Oriental. Partisanos iugoslavos, movemento de resistencia contra as Potencias do Eixo nos Balcáns durante a segunda guerra mundial. Partisanos italianos, movemento armado de oposición ao fascismo e á ocupación nazi en Italia durante a segunda guerra mundial. Resistencia francesa, conxunto de movementos e organismos contra a ocupación nazi de Francia e o goberno colaboracionista de Vichy durante a segunda guerra mundial. Resistencia xudía durante o Holocausto, movemento de resistencia do pobo xudeu contra a Alemaña nazi durante a segunda guerra mundial. Xudeus partisanos, tropas irregulares que participaron no movemento de resistencia xudía contra o nazismo e os seus colaboradores durante a segunda guerra mundial. Irmáns do Bosque, combatentes da área báltica (Estonia, Letonia e Lituania) contra a ocupación soviética. Colaboradores do exército alemán durante a Operación Barbarroxa (nome en clave para a invasión nazi da Unión Soviética), gran cantidade destes uníronse ás Waffen SS. Ao final da guerra retomaron as súas operacións en consecuencia co tratado que reafirmaba a ocupación soviética das zonas.
Notas