O USS Maine (ACR-1) foi un acoirazado de segunda clase da Armada dos Estados Unidos. Pasou á historia porque a súa explosión no porto da Habana en febreiro do 1898 foi o detonante da guerra hispano-estadounidense.

A súa construción comezou no estaleiro naval de Nova York, o 17 de outubro de 1888 e non foi ata case sete anos despois en setembro de 1895, cando foi considerado apto para o servizo, operando nos anos precedentes na costa leste dos Estados Unidos e o mar Caribe.

En xaneiro de 1898 foi enviado á Habana para "protexer os intereses norteamericanos". Dúas semanas máis tarde, o 15 de febreiro, unha explosión ao redor das 21h40 voou a proa do barco, que se afundiu rapidamente, causando 266 vítimas. O capitán, Charles Dwight Sigsbee, e a oficialidade, que durmía no castelo de popa, sobreviviron.

A causa do afundimento do Maine aínda continúa sendo obxecto de especulacións. As especulacións inclúen desde un incendio non detectado nunha carboeira, imprudentemente localizada xunto aos pañois de munición, a unha mina naval e ao seu afundimento deliberado por algunhas das faccións interesadas; cubanos prol-españois, mariños españois, insurxentes cubanos ou mariños estadounidenses interesados en provocar o desencadeamento da guerra mediante unha operación de bandeira falsa.

Véxase tamén Outros artigos Cruceiro Alfonso XII

Ligazóns externas A guerra Hispano-Estadounidense American Memory Recordando o Maine

Categoría:Acoirazados Categoría:Barcos de 1889 Categoría:Accidentes marítimos