Cyanocorax chrysops é unha especie de ave paseriforme da familia dos córvidos pertencente ao xénero Cyanocorax.Cyanocorax chrysops (Vieillot, 1818) no GBIF. Consultado o 11 de xaneiro de 2021.Cyanocorax chrysops (Vieillot, 1818) no ITIS. Consultado o 11 de xaneiro de 2021.
Propia da rexión Neotropical, encóntrase no centro-sur de América do Sur: no suroeste do Brasil, Bolivia, Paraguai, o Uruguai e o nordeste da Arxentina, incluídas as rexións d0 sur dos sistemas fluviais da conca do Amazonas que bordean o Pantanal.
Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1818 polo ornitólogo francés Louis Jean Pierre Vieillot,, co nome de Pica chrysops, na páxina 124 do seu traballo Nouveau Dictionnaire d'Histoire Naturelle Appliquée Aux Arts.
Etimoloxías Para a do xénero ver Cyanocorax.
O epíteto específico, chrysops deriva do grego antigo χρυσώψ chrysṓps, "brillante como o ouro", fromado por χρυσός chrysós, "ouro" + ὤψ ṓps, "ollo", "cara", "aparencia", "aspecto".
Sinónimo Ademais de polo nome actualmente válido, coñeceuse tamén polo protónimo Pica chrysops Vieillot, 1818.
Subespecies Na actualidade recoñécense as seguintes catro subespecies:
Cyanocorax chrysops chrysops (Vieillot, 1818) Cyanocorax chrysops diesingii Pelzeln, 1856 Cyanocorax chrysops insperatus Pinto & Camargo, 1961 Cyanocorax chrysops tucumanus Cabanis, 1883
Características É unha ave elegante de tamaño mediano, de plumaxe azul escura na cabeza de nas partes superiores, co peito e o ventre de cor amarela crema. A cola, longa, tamén é de cor crema pola parte inferior e na metade posterior da parte superior. As patas son de cor azul escura.
Distribución A área de distribución de Cyanocorax chrysops esténdese desde a Rexión Sur do Brasil e o Uruguai, acercándose á costa do Atlántico Sur, pero a evita, aproximándose até unha franxa costeira de 400 a 150 km; a cordilleira costeira interior esténdese 3 500 km, desde o sur de São Paulo até o Rio Grande do Sul, na fronteira con Uruguai.
A distribución interior continúa no noroeste do Uruguai e esténdese ao noroeste polo norte da Arxentina, Paraguai e Bolivia e polo Pantanal no sur do Cerrado; a cordilleira esténdese en dous brazos, cara ao noroeste até o norte de Bolivia e cara ao nordeste até as cabeceiras do río Tapajós da conca do Amazonas.
Na conca do Amazonas, o centro de Bolivia é o límite noroeste da cordilleira, os afluentes da cabeceira do río Madeira que desemboca no nordeste; a seguinte cordilleira salta o río Guaporé (un afluente noroeste do Madeira), cara ao leste na fronteira entre o Brasil e Bolivia, e atópase a continuación na cabeceira do río Tapajós, e únese ao leste coa cabeceira extrema do río Xingú.
Unha área disxunta ocorre río abaixo no Tapajós e ao leste cara ao río Xingu, nunha zona de 850x750 km. Outras dúas poboacións localizadas atópanse na conca do Amazonas, unha no río Amazonas, a outra augas abaixo, no río Madeira.
Estado de conservación A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN), tendo en conta que esta especie ten unha área de distribución moigrande e, polo tanto, non se aproxima aos limiares de vulnerábel segundo o criterio de tamaño da área de distribución e, a pesar de que a tendencia da poboación parece estar en diminución, non se cre que o descenso sexa o suficientemente rápido como para achegarse ao limiar de vulnerábel baixo o criterio de tendencia da poboación. Non se cuantificou o tamaño da poboación, pero non se cre que se aproxime aos limiares de vulnerábel. Por estes motivos o status da especie é avaliado como LC (pouco preocupante).BirdLife International (2018): Cyanocorax chrysops na Lista vermella da UICN. Consultada o 11 de xaneiro de 2021.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Stotz, D. F., Fitzpatrick, J. W., Parker, T. A. & Moskovits, D. K. (1996): Neotropical Birds: Ecology and Conservation. Chicago: University of Chicago Press. ISBN 0-2267-7630-1. Tracewski, L., Butchart, S. H. M., Di Marco, M., Ficetola, G. F., Rondinini, C., Symes, A., Wheatley, H., Beresford, A. E. & Buchanan, G. M. (2016): "Toward quantification of the impact of 21st-century deforestation on the extinction risk of terrestrial vertebrates". Conservation Biology 30 (5): 1070-1079.
Outros artigos Córvidos Cyanocorax
Ligazóns externas Selos de correos de Arxentina e Uruguai e Paraguai Imaxes en VIREO .
Categoría:Córvidos Categoría:Aves de América do Sur Categoría:Animais descritos en 1818