Ghahreman (en ) é un filme iraniano de 2021 escrito e dirixido por Asghar Farhadi e protagonizado por Amir Jadidi, Mohsen Tanabandeh e Alireza Jahandideh. En xuño de 2021, o filme foi escollido para competir pola Palma de Ouro no Festival de Cannes, onde finalmente gañou o Gran Premio. Foi escollido como candidato de Irán para o Óscar ó mellor filme internacional na 94ª edición dos premios, clasificándose na lista curta de decembro.
Sinopse Rahim está no cárcere por mor dunha débeda que non puido pagar. Durante un permiso de dous días, trata de convencer ao seu acredor para que retire a súa queixa contra o pago dunha parte da cantidade. Pero as cousas non saen como estaba previsto.
Personaxes Amir Jadidi como Rahim Mohsen Tanabandeh como Bahram Alireza Jahandideh como Hossein Sahar Goldoost como Farkhondeh Fereshteh Sadr Orafaie como Mrs. Radmehr Sarina Farhadi como Nazanin
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Irán propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 94ª edición dos Óscar Ligazóns externas
Ficha en RottenTomatoes Ficha en Metacritic
Categoría:Filmes de 2021 Categoría:Filmes en lingua persa Categoría:Filmes de Irán Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes dirixidos por Asghar Farhadi