Ehud Olmert (30 de setembro, 1945 en Binyamina), foi o 12º primeiro ministro de Israel, membro do Kadima procedente do Likud
Olmert converteuse en primeiro ministro o 14 de abril de 2006 pero viña exercendo este cargo de xeito interino desde o 4 de xaneiro pola enfermidade do primeiro ministro Ariel Sharon. O 30 de xullo do 2008 anunciou que non se presentaría ás eleccións primarias do Kadima, tras un mandato marcado polas acusacións de corrupción e a perda de popularidade pola súa xestión na Guerra do Líbano do 2006. A súa sucesora foi a actual Ministra de Asuntos Exteriores, Tzipi Livni, con quen mantivo agres disputas nos meses previos á súa retirada por mor do liderado de Kadima.
Anteriormente, Olmert fora Viceprimeiro Ministro, Ministro de Facenda, Ministro de Industria, Comercio e Traballo, Ministro responsable da administración das Terras de Israel e alcalde de Xerusalén.
Olmert, Ehud Categoría:Nados no Distrito de Haifa Categoría:Alumnos da Universidade Hebrea de Xerusalén Categoría:Israelís de ascendencia rusa