Santiago Ferreiro Cortés, nado en Padrón e finado en Vigo o 22 de setembro de 1937, foi un político galego, alcalde de Padrón de 1922 a 1924.

Traxectoria

Foi nomeado alcalde de Padrón en novembro de 1922 tras o falecemento de Francisco García NovoIdeal Gallego, 15-11-1922, p. 2, 6., durante o goberno do liberal Manuel García Prieto, e sendo o home forte da zona o tamén liberal Manuel Viturro Posse. Chegada a ditadura de Primo de Rivera foi relevado por Juan Pazos Varela.

Vida persoal

Casou con Amparo López Rey (1873-1927), natural de Ferrol e tivo catro fillos, Teresa, Santiago, Federico e Amparo. A súa filla Teresa Ferreiro López (1900-1975) casou en Padrón o 19 de marzo de 1923 co xuíz de primeira instancia de Arzúa Cándido Conde Pumpido, que na década de 1950 chegou a ser Presidente da Audiencia Territorial da Coruña.

Era sobriño doutro alcalde de Padrón, Ángel Baltar Varela, casado con Ramona Cortés Giménez, irmá da nai de Santiago Ferreiro Cortés. Tamén foi curmán de Ángel Baltar Cortés, médico que fundou o Sanatorio Baltar de Santiago de Compostela.

Notas

Categoría:Alcaldes de Padrón Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Nados en Padrón Categoría:Nados no século XIX Categoría:Finados en 1937 Categoría:Nados en ano descoñecido