Blanco en blanco é un filme hispano-chileno de 2019 dirixido por Théo Court. O filme trata sobre o xenocidio selk'nam que tivo lugar no arquipélago de Terra de Fogo nas décadas finais do século XIX.

Estreouse na sección "Horizons" da 76ª edición do Festival Internacional de Cinema de Venecia. No Festival de Venecia, Théo Court gañou o premio ao mellor director. Foi escollido como candidato de Chile para o Óscar ó mellor filme internacional na 94ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.

Sinopse A historia desenvólvese no arquipélago de Terra de Fogo, unha rexión situada no sur da Arxentina e Chile, durante a segunda metade do século XIX. A Sociedade Explotadora de Terra de Fogo (SETF) desexa sacar proveito desas terras para pastos de gando e enfróntase ás comunidades indíxenas da zona, sendo a máis coñecida a dos selk'nam, no chamado como xenocidio selk'nam.

Personaxes Alfredo Castro como Pedro Lars Rudolph como Propietario Alejandro Goic como Capataz Lola Rubio como Aurora David Pantaleón como Arturo Ignacio Ceruti como John Esther Vega como Sara

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Chile propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 94ª edición dos Óscar Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 2019 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de Chile Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes rodados en Chile Categoría:Filmes rodados en España Categoría:Filmes ambientados en Chile Categoría:Filmes ambientados en España Categoría:Filmes ambientados no século XIX