John Brunner, nado o 24 de setembro de 1934 e finado o 26 de agosto de 1995, foi un escritor británico de ficción científica pertencente ó movemento chamado Nova onda. As súas mellores obras corresponden á chamada "Triloxía do Desastre", especialmente Todos sobre Zanzíbar e O rabaño cego, e á novela O xinete da onda de choque, unha das obras precursoras da corrente cyberpunk. As súas outras obras adóitanse considerar menores.

Categoría:Escritores de ficción científica Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Escritores de Inglaterra Categoría:Nados en 1934 Categoría:Finados en 1995 Categoría:Nados en Oxfordshire