Valentina é un filme galego de animación de 2021 dirixido por Chelo Loureiro. É a primeira longametraxe de Chelo Loureiro como directora. Foi creado con Abano Producións e Brandán Álvarez en 2D e 3D. O filme tiña previsto a súa estrea en xuño de 2021 mais aprazouse ata o 10 de decembro dese ano. Antes da estrea oficial de Valentina, foi nomeado ao mellor filme de animación nos Premios Goya, galardón que finalmente gañou. Recadou 86.317,10 €.
Sinopse
Valentina é unha nena coa síndrome de Down que soña con ser trapecista. Porén, cre que nunca poderá conseguilo. A súa avoa, que xoga con ela, tamén ten un desexo, chegar a converterse en directora de orquestra.
Personaxes Lucía Serén como Valentina Alicia Rábade como Valentina (voz da canción) María Manuela como avoa Andrés Suárez Otero como papá e rei Lúa Testa como mamá e raíña Uxía como Dona Lola Coke Couto como alfil Helga Méndez como cabalo Pilocha como Dona Flor
Premios AnoPremioResultado2021XXXVIª Edición dos Premios Goya, cine de animaciónGañadora2022IX Premios Platino do Cine IberoamericanoNomeada2022V Premios QuirinoNomeada
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lista de filmes en galego con maior recadación Ligazóns externas Páxina oficial do filme
Categoría:Filmes de 2021 Categoría:Filmes en lingua galega Categoría:Filmes de Galicia Categoría:Filmes dirixidos por Chelo Loureiro