José Rey Busto, nado en Ortigueira o 4 de marzo de 1875, foi un enxeñeiro galego.
Traxectoria Fillo de José Rey Calvo e Ventura Busto. Fixo o Bacharelato na Coruña. Estudou na Academia de Artillaría e saíu como tenente en 1898 sendo destinado ao Rexemento 3º de Montaña.La Correspondencia Gallega, 26-5-1898, p. 2. Tenente de Artillaría destinado no Rexemento de Artillaría de Sitio (Segovia), foi dado de baixa no Exército e procesado por abandono de destino en 1901. Enxeñeiro de camiños, canles e portos. Dirixiu a construción de varios ferrocarrís en Cuba.Diario de la Marina, 13-10-1909, p. 4. Dirixiu as obras do Metropolitano de Nova York.El Ideal Gallego, 26-1-1926, p. 3.
Vida persoal Casou en Segovia con María Matesanz Gil en 1899.La Voz de Galicia, 9-7-1899, p. 2. Volveu casar con Araceli Pravio e foi pai de Jorge, Alfredo e Margot Rey Pravio, que casou en 1926 con Felipe Hermida Pérez.El Compostelano, 3-2-1926, p. 2.
Notas
Categoría:Enxeñeiros de Galicia Categoría:Galegos de Cuba
Categoría:Galegos dos Estados Unidos de América
Categoría:Nados en Ortigueira
Categoría:Nados en 1875