Edward Bellamy, nado o 26 de marzo de 1850 e finado o 22 de maio de 1898, foi un escritor americano principalmente coñecido pola súa novela de ficción científica ambientada no ano 2000, Looking Backward, publicada en 1888; hai unha tradución desta obra ao galego intitulada Se o socialismo chegase, feita por Tomás González Ahola, en Urco Editora, 2009.Se o socialismo chegase: Retrospectio 2000-1887 na páxina web de Urco Editora.

Finou ao 48 anos de idade, vítima da tuberculose.

Obra Existe unha tradución ao galego a cargo de Elena Maure Noia do conto "The Parable of the Water Tank" pertencente ao libro Equality (1897), publicada na Biblioteca Virtual de Literatura Universal en Galego co título A parábola do depósito de auga e distribuída en papel en 2014 nunha edición da Asociación de Tradutores Galegos. Notas

Categoría:Escritores de ficción científica Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Escritores dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1850 Categoría:Finados en 1898 Categoría:Nados no condado de Hampden, Massachusetts Categoría:Finados por tuberculose