alt=Observación do Cometa Leonard a finais de novembro de 2021.|miniatura|Observación do Cometa Leonard a finais de novembro de 2021.O Cometa Leonard (C/2021 A1 (Leonard)) é un cometa de traxectoria case hiperbólica descuberto por GJ Leonard no Observatorio Mount Lemmon o 3 de xaneiro de 2021, un ano antes do perihelio. É o primeiro cometa descuberto en 2021. A súa máxima aproximación á Terra (perixeo) foi o 12 de decembro de 2021, a unha distancia de 0,233 UA. O 18 de decembro de 2021 pasou a unha distancia de 0,0283 UA de Venus. O máximo achegamento ó Sol foi previsto para o 3 de xaneiro de 2022. As primeiras informacións de visualización a ollo nu son de 5 de decembro de 2021.

A súa órbita ten un perihelio de 0,61483 UA e un afelio de 3700 UA, o que o converte nun cometa de grande excentricidade de órbita, se ben non nun cometa de órbita hiperbólica.

300px|thumb|Animación de C/2021 A1 na súa órbita arredor do Sol no seu achegamento de 2021|centro Ver tamén

C/2025_A6_(Lemmon)

Notas

Categoría:Cometas