Heterodúplex é un termo de xenética que indica a estrutura híbrida dunha molécula de ácido nucleico, e refírese á área formada por dúas cadeas procedentes de moléculas diferentes.

Un exemplo de heterodúplex é o que se crea ao final da transformación bacteriana na que se insire un filamento exóxeno no cromosoma bacteriano da célula aceptora que crea o complementario.

Categoría:ADN Categoría:Xenética Categoría:Termos biolóxicos