Te Wāhipounamu (en lingua maorí "o lugar das augas da pedra verde", pola abundancia de auga e unha variedade de xade verde que chaman pounamu) é parte do Patrimonio da Humanidade da UNESCO dende 1990. Atópase na zona suroeste da Illa Sur de Nova Zelandia e abrangue unha superficie de 26 000 km². Está composto por catro parques nacionais, que son:
Parque Nacional Aoraki/Mount Cook Parque Nacional de Fiordland Parque Nacional do Monte Aspiring Parque Nacional Westland
Pénsase que acolle algunhas das mellores representacións modernas da flora e a fauna de Gondwana, sendo un dos motivos polos que foi catalogado como un sitio Patrimonio da Humanidade.UNESCO Advisory Body Recommendation
Notas
Véxase tamén
Categoría:Patrimonio da Humanidade en Nova Zelandia