Bangsamoro, oficialmente Rexión Autónoma de Bangsamoro no Mindanao Musulmán (en ; en ; Minṭaqah Banjisāmūrū dhātiyyah al-ḥukm), é unha rexión autónoma localizada no sur de Filipinas.

Substitúe a antiga Rexión Autónoma do Mindanao Musulmán e creouse como resultado dun plebiscito de dúas partes realizado en Mindanao Occidental os días 21 de xaneiro e 6 de febreiro de 2019. A ratificación da rexión foi confirmada pola Comisión Electoral de Filipinas.

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina web oficial

Categoría:Rexións de Filipinas