Jules Maurice, nado en Douai, Hauts-de-France, o 19 de marzo de 1859 e finado en París o 30 de xuño de 1938,Aínda que a maioría das fontes indican 1938 como ano do pasamento, como Merlin, A. (1939) ou BnF Data, outras apuntan a 1939, como Digital Librari Numis . foi un numismático francés.
Traxectoria Jules Maurice, nado nunha familia de maxistrados, cursou os estudos de Medcina, aínda que nunca chegou a exercer esta profesión.Dieudonné, A. (1939). Páxina 138.
O contacto co numismático Ernest Babelon espertou o seu interese pola moeda imperial romana e afondou no estudo das emisións do príodo constantiniano, a partir do cal comezou a facer sobre este tema as súas primeiras publicacións en revistas de arqueoloxía e numismática, sinaladamente francesas, británicas e italianas.Merlin, A. (1939).
A súa obra cumio é un compendio monográfico da numismática constantiniana que recolle o resultado das súas investigacións previas en tres volumes, publicados entre 1908 e 1912.Véxase (1908-1912) en "Publicacións".Dieudonné, A. (1939). Páxina 139.
Entre outras entidades asociativas e académicas, Maurice foi nomeado membro honorario da Royal Numismatic Society, de Londres, o 16 de xuño de 1904.Carson, R. A. G.; Pagan, H. (1986). A History of the Royal Numismatic Society (1836-1986). Royal Numismatic Society, Londres. ISBN 0 901405 24 8. Páxina 142."Honorary Fellowship". The Royal Numismatic Society. Pertenceu tamén á Sociedade Francesa de Numismática e á Sociedade Nacional de Anticuarios de Francia, que presidiu ata 1922.Maurice, J. (1922). Société nationale des antiquaires de France. Discours de M. Jules Maurice, président sortant, prononcé dans la séance du 4 janvier 1922. Klincksieck, París [separata de Bulletin de la Société nationale des antiquaires de France. 1º trimestre de 1922]Dieudonné, A. (1939). Páxina 140.
Recoñecementos
(1929): Medalla da Royal Numismatic Society, de Londres."The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.
Publicacións Con anterioridade a 1908, Maurice publicou numerosos artigos en revistas numismáticas do seu tempo acerca da actividade dos obradoiros monetarios do baixo Imperio, que posteriormente serviron para compor o seu traballo monográfico máis sobranceiro: Numismatique constantinienne."Maurice, Jules 1859-1939 ". Digital Library Numis."Jules Maurice (1859-1938)". BnF Data."Maurice, Jules". WorldCat Identities.
Artigos
(1900). "L'atelier monétaire de Londres (Londinium) pendant la période constantinenne". En Numismatic Chronicle. 3ª serie. Nº 20. Páxinas 108-147. (1902). "L'atelier monétaire d'Ostia pendant la période Constantinenne sous les règnes de Maxence et de Constantin". En Rivista Italiana di Numismatica, 15. Páxinas 41-65. (1905). "L'atelier monétaire d'Heraclèe de Thrace pendant la période constantinenne". En Numismatic Chronicle. 4ª serie. Nº 5. Páxinas 120-178. (1905). "L'atelier monétaire d'Arles pendant la période constantinienne". En Rivista Italiana di Numismatica, 18. Páxinas 44-88.
Monografías
(1908-1912). Numismatique constantinienne. Leroux, París. (1908). T. I: Iconographie et chronologie, description historique, des émissions monétaires. (1911). T. II: La dynastie héracléenne dans l'Empire des Gaules [...]. (1912). T. III: La persécution de Maximin Daza, dénominations des espèces monétaires de bronze [...]. (1924). Constantin le Grand: l'origine de la civilisation chrétienne. Spes.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Dieudonné, A. (1939). "Néchrologie: Jules Maurice". En Revue Numismatique. 5ª serie. Tomo 3. Páxinas 138-140. Merlin, A. (1939). "Jules Maurice (1859-1938)". En Revue Archéologique. 6ª serie. T. 13. Páxina 125.
Categoría:Nados en 1859 Categoría:Finados en 1938 Categoría:Nados en Douai Categoría:Numismáticos de Francia Categoría:Membros da Sociedade Francesa de Numismática Categoría:Galardoados coa medalla da Royal Numismatic Society Categoría:Personalidades sen imaxes