miniatura|240px|Leopardo do Amur no zoo de Olomouc, República Checa. O leopardo do Amur (Panthera pardus orientalis) é a subespecie de leopardo máis rara que existe.

Está en perigo crítico de extinción; só existen en liberdade entre 25 e 34 exemplares, na reserva de Sikhote-Alin (Siberia) e a súa endogamia colócao ao bordo da extinción total. Tamén quedan exemplares en liberdade na Zona desmilitarizada de Corea (ZDC) que separa Corea do Norte e Corea do Sur.La delgada línea verde Publicado na edición electrónica do xornal El País o 19-6-2010.

A maior parte dos exemplares desta subespecie viven en zoolóxicos de Europa e os Estados Unidos. Nacimiento de ejemplares en cautividad Publicado na edición electrónica do xornal Informador o 10-4-2010.

Taxonomía Descrición A subespecie foi descrita en 1857 polo zoólogo alemán Hermann Schlegel.Panthera pardus orientalis Schlegel, 1857. no MSW.

Sinónimos Panthera pardus villosa. Panthera pardus amurensis.

Hábitat Esta subespecie estendíase pola península de Corea, noroeste da China e o sueste de Rusia; a maior parte do seu territorio coincidía co do tigre de Siberia.

Poboación en liberdade Na actualidade está moi cerca da extinción, xa que quedan entre 25 e 34 espécimes nas montañas de Sikhoté-Alín (Siberia, Rusia), e considérase que se necesitaría que houbese polo menos cen para evitar a extinción. Desde hai uns poucos anos fálase xa de 40-50 exemplares.

+ 'Estrutura e tamaño da poboación de Panthera pardus orientalis''. Período 2000-2013 2000 2003 2007 2013Machos sexualmente maduros 4—5 9 7—9 ?Femias con cachorros 1—2 4—5 4 ?Femias 8—9 7 3—7 ?Cachorros 1—3 4—5 5—6 4—5Non identificados 8—9 4 6—7 ?Total 22—28 28—30 25—34 48—50

miniatura|240px|Primeiro plano

Estes censos indican un lixeiro ascenso que tende a estabilizarse, pero todos os avances pódense truncarse se non se protexe a zona onde viven por medio dun gran parque nacional, ou se continúa a caza furtiva. O último caso deuse tan só dous días despois de que se dera a coñecer o censo de 2007: unha das sete femias adultas que nom eestaban acompañadas por crías foi encontrada morta por un disparo.Noticia sobre leopardo do Amur morto por disparos. Fonte: National Geographic.

Pénsase que poden quedar algúns individuos na meseta de Kaema e Baekdusan, en Corea do Norte, pero descoñecese a situación da subespecie nesta rexión. A destrución do seu hábitat e o comercio de peles reduciron a cantidade de leopardos do Amur de modo espectacular, até o punto de converterse no felino máis raro do planeta. Crese que tamén os cazadores furtivos (interesados na pel e a carne do animal) contribuíron ao descenso no número de espécimes, aínda que non existen probas sólidas que o demostren.

Poboación en catividade Estímase que existen entre 100 e 200 exemplares en catividade, algúns deles formando parte dun programa de cría e reintroducción.A loita por salvar ao leopardo do Amur .

Fisioloxía O leopardo do Amur destaca sobre as demais subespecies existentes de leopardo pola súa pelaxe, máis longa, que o axuda a defenderse das duras condicións climáticas da taiga.

A súa pelaxe é de cor entre alaranxada e dourada. A lonxitude dos pelos é de 2,5 cm durante o verán, pero crecen até os 7 cm en inverno, estación na que a súa cor palidece cara tons crema. As manchas son maiores e están máis separadas entre si que as que mostran outros leopardos.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Félidos Panterinos Leopardo

Ligazóns externas ALTA Amur Leopard Conservation The Tigris Foundation: dedicated to the conservation of the Amur leopard Tallinn Zoo live cameras ALTA: videos WWF Russia: Far Eastern (Amur) leopard WWF: Amur leopard species profile, conservation efforts and how you can help AMUR Russia/UK WCS Russia: Far Eastern Leopard Ecology BBC: The Secret Leopards BBC: Nature's Miracle Babies. Episode 2 WWF-US: Amur Leopard

Categoría:Animais descritos en 1857