Egas Moniz IV de Riba Douro, coñecido como O Aio, nado contra 1080 e finado o 3 de agosto de 1146,Grande Enciclopédia Portuguesa e Brasileira 1935-57, vol. 17, pp. 624-629. foi un rico-homem do condado de Portugal, da estirpe dos Riba Douro, unha das cinco grandes familias de Entre Douro e Miño do século XII.
Chamado no nobiliario medieval "o honrado e beato Dom Egas Moniz de Ribadouro" (por nacer nesta comarca e posuír a maior parte dos dominios), e coñecido nas Indagacións do século XIII, como meono Dom Egas.Meana, ou o masculino Meono, derivado de Mia donna (Mika dona, miña señora), ou Mio donno (Meu dono ou dom, meu señor) era unha expresión utilizada con algunha frecuencia sobre todo nos séculos XII e XIII, para designar señores ou señoras da mais alta estirpe, como parecía ser o caso dos Ribadouros, unha vez que Egas Moniz e a súa esposa Teresa Afonso son tratados con este título em varios documentos. O mesmo se aplica á nai de Egas, Meana Ouroana, ou ao irmán del, Meono Mem Moniz e a súa esposa, Meana Cristina Gonçalves. Como se ve, había unha relativa profusión deste título no seo da familia.
Egas Moniz destacou pola súa actividade política e guerreira que provocou a caída da condesa Tareixa e a chegada de Afonso Henriques ao poder, sendo o seu "criado" ou "titor", función da que procede o seu alcume.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Grande Enciclopédia Portuguesa e Brasileira. 50 vols. Lisboa: Editorial Enciclopédia. Gayo, Manuel José da Costa Felgueiras (1989): Nobiliário de Famílias de Portugal. Braga: Carvalhos de Basto, 2ª Edição, vol. IV, páx. 377.
Outros artigos Condado portucalense Afonso I de Portugal Tareixa, condesa de Portugal
Categoría:Nados no século XI Categoría:Finados en 1146 Categoría:Nobreza de Portugal Categoría:Historia medieval de Portugal