miniatura|Bandeira non oficial de Nagaland. O nacionalismo naga é unha movemento nacionalista que apoia a autodeterminación do pobo naga que habita na India e Myanmar, e defende a cultura naga.
Formación da identidade nacionalista Algúns grupos naga comparten unha crenza común da súa etnoxénese como persoas distintas: estes grupos inclúen aos Angami, Sema, Rengma, Lotha, Zeme, Liangmei e Rongmei. Segundo esta crenza, os devanceiros dos naga viviron en harmonía xuntos nun lugar chamado Mahkel (identificado coa actual aldea Mao de Makhel en Manipur, e, alternativamente, crese que está preto do río Chindwin, en Myanmar). A medida que a súa poboación medrou, decidiron separarse e estenderse fóra de Makhel. Segundo a fe de Heraka, os pobos naga xuraron que volverían unirse e vivir como un reino.
Porén, cando os británicos chegaron á India, as diversas tribos naga non tiñan unha identidade nacional común. O termo "naga" era un exónimo vagamente definido, que se refería ás diferentes tribos no actual Nagaland e nos seus arredores. As diferentes tribos falaban lingus mutuamente inintelixibles e tiñan culturas distintas, mais están inextricablemente interrelacionadas. Cada aldea naga era un estado soberano gobernado por anciáns tribais.
As disputas internas, as guerras e as campañas de caza de cabezas eran comúns entre as tribos naga. Os británicos capturaron varios territorios naga consolidáronos baixo o Distrito Naga Hills de Assam. Durante o dominio británico, misioneiros como Miles Bronson e Edwin W. Clark introduciron o cristianismo na área, mudando en gran medida o tecido social e político da sociedade local. A identidade cristiá común conduciu á paz e a unidade entre as diversas tribos naga. O crioulo naga desenvolveuse como unha linguaxe para a comunicación entre as tribos.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Nagaland