miniatura|O Pazo de Meirás, en cuxo xardín entregáronse as Medallas Emilia Pardo Bazán en 2011 A Medalla Emilia Pardo Bazán é unha iniciativa creada pola Xunta de Galicia en 2019 para recoñecer publicamente as persoas e institucións que traballan en favor da igualdade efectiva, e o obxectivo das mesmas é visibilizar os talentos e potenciar a visibilización social daqueles que están comprometidos coa igualdade entre mulleres e homes.

Premiados Primeira edición Na primeira edición, no propio ano 2019, o Goberno galego acordou galardoar coa Medalla Emilia Pardo Bazán á Asociación de Diagnosticados de Cancro de Mama (ADICAM), que desde Cangas de Morrazo e con 1 400 socias, é un referente galego no apoio aos doentes deste cancro; as Cooperativas Lácteas Unidas, que no 2013 puxeron en marcha o programa Mulleres de Seu, para impulsar a participación das cooperativistas nos órganos de decisión; e Ángeles Carmona, presidenta do Observatorio contra a Violencia Doméstica e de Xénero.

Segunda edición En 2020, na segunda edición destas distincións, recibiron as medallas, na sede xudicial do edificio de Tabacos da Coruña a Federación de Mulleres Rurais de Ourense (FEMURO), a Asociación Rede Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos de Vigo e a xaponesa Megumi Shiozawa, a título póstumo. O acto, presidido polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo e acompañado, entre outras autoridades, pola alcaldesa da Coruña, Inés Rey e o presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia José María Gómez, foi un "grito de igualdade". Os asistentes, amparándose na figura de Emilia Pardo Bazán, destacaron o importante papel que desempeñou esta intelectual na loita contra as desigualdades da muller.

Terceira edición Na terceira edición, de 2021, o Pazo de Meirás acolleu por primeira vez a entrega das medallas Emilia Pardo Bazán, coincidindo co día do aniversario da escritora no ano do centenario da súa morte. O acto celebrouse nos xardíns do Pazo, pois o Goberno galego xa acordara o pasado mes de febreiro atender a petición de celebrar o 8 de marzo o acto de entrega das Medallas Pardo Bazán 2020. As personalidades recoñecidas foron a fundadora e presidenta desde 2001 até o seu falecemento en 2009, da Asociación Alar de Galicia, María Jesús Díaz Sánchez; a produtora, escritora e directora de cine Zaza Ceballos e a Asociación Mirabal. O acto foi presidido polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e tamén asistiron representantes públicos, como o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, e a Consellería de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana.

Notas

Pardo Bazán Categoría:Emilia Pardo Bazán