Fuller House é unha serie de televisión estadounidense creada por Jeff Franklin que se emitiu dende 2016 a 2020. Estreouse a través de Netflix como unha secuela da serie de televisión Full House (1987–1995). A historia céntrase na vida de D.J. Tanner-Fuller, unha veterinaria e nai viúva de tres fillos, cuxa irmá Stephanie e mellor amiga Kimmy, vive no fogar familiar dos Tanners en San Francisco, California. A maioría do elenco da serie orixinal retomou o seu papel en Fuller House, ora como membros regulares do elenco ora como convidados especiais, agás de Mary-Kate Olsen e Ashley Olsen.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Ficha en RottenTomatoes Ficha en Metacritic

Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión iniciadas en 2016 Categoría:Series de televisión finalizadas en 2020 Categoría:Series de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Series de televisión de Netflix