Samuel Hoskins Merrill, nado en Salt Lake City (Utah) o 15 de maio de 1996, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga nos Cleveland Cavaliers da National Basketball Association (NBA).

Traxectoria profesional O 18 de novembro de 2020 Merrill foi escollido na derradeira posición do Draft da NBA de 2020 polos New Orleans Pelicans. Seis días máis tarde, foi traspasado ós Milwaukee Bucks como parte dun traspaso entre catro equipos. Na súa primeira tempada na NBA, Merrill conseguiu o campionato despois de que os Bucks derrotasen ós Phoenix Suns por 4-2 nas Finais da NBA de 2021.

O 7 de agosto de 2021 Merrill foi traspasado xunto a dúas futuras eleccións da segunda rolda do Draft ós Memphis Grizzlies, a cambio de Grayson Allen. O 13 de agosto de 2022 Merrill asinou cos Sacramento Kings, pero foi cortado pouco antes de comezar a tempada.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference

Categoría:Nados en 1996 Categoría:Nados en Salt Lake City Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos New Orleans Pelicans Categoría:Xogadores dos Milwaukee Bucks Categoría:Xogadores dos Memphis Grizzlies Categoría:Xogadores dos Cleveland Cavaliers