Landry Michael Shamet, nado o 13 de marzo de 1997 en Kansas City, Missouri, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga nos Washington Wizards da National Basketball Association (NBA).
Traxectoria profesional O 21 de xuño de 2018, Shamet foi escollido na 26ª posición do Draft da NBA de 2018 polos Philadelphia 76ers. Ó remate da tempada 2018-19, Shamet foi incluído no segundo mellor quinteto de rookies da tempada da NBA.
O 6 de febreiro de 2019, Shamet foi traspasado xunto a Mike Muscala, Wilson Chandler e unha futura elección do Draft ós Los Angeles Clippers, a cambio de Boban Marjanović, Mike Scott e Tobias Harris.
O 19 de novembro de 2020, Shamet foi traspasado ós Brooklyn Nets nun traspaso entre tres equipos.
O 6 de agosto de 2021, Shamet foi traspasado ós Phoenix Suns, a cambio de Jevon Carter e os dereitos do Draft de Day'Ron Sharpe.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference
Categoría:Nados en 1997 Categoría:Nados en Kansas City, Missouri Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Philadelphia 76ers Categoría:Xogadores dos Philadelphia 76ers Categoría:Xogadores dos Los Angeles Clippers Categoría:Xogadores dos Brooklyn Nets Categoría:Xogadores dos Phoenix Suns Categoría:Xogadores dos Washington Wizards