Sinbad: Legend of the Seven Seas (tamén coñecido como Sinbad) é un filme estadounidense de 2003 dirixido por Tim Johnson e Patrick Gilmore. Foi producido por DreamWorks Animation e distribuído por DreamWorks Pictures. O filme, que mestura animación tradicional con animación por ordenador, conta coas voces de Brad Pitt, Catherine Zeta-Jones, Michelle Pfeiffer e Joseph Fiennes. Baséase nas historias de Sinbad (dobrado por Pitt), un pirata que navega polo mar en compaña do seu can e a súa fiel tripulación, xunto con Marina (dobrada por Zeta-Jones), a prometida do príncipe Proteus (dobrado por Fiennes), para recuperar o Libro da Paz que foi roubado por Eris (dobrada por Pfeiffer).

Personaxes

Brad Pitt como Sinbad Catherine Zeta-Jones como princesa Marina Michelle Pfeiffer como Eris Joseph Fiennes como príncipe Proteus Dennis Haysbert como Kale Adriano Giannini como Rat Timothy West como rei Dymas Jim Cummings como Luca Conrad Vernon como Jed Raman Hui como Jin Chung Chan como Li Andrew Birch como Grum e Chum Frank Welker (sen acreaditar) como Spike Chris Miller como garda da torre.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en AllMovie Ficha en BoxOfficeMojo

Categoría:Filmes de 2003 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Tim Johnson Categoría:Filmes de piratas Categoría:Filmes ambientados en Sicilia Categoría:Filmes de DreamWorks Categoría:Filmes de Dreamworks Animation