Un folión, ou fulión, é unha agrupación musical formada, durante o Entroido, polos veciños das comarcas de Viana, Terra de Trives e Valdeorras. Características Durante as celebracións do Entroido, os veciños dalgúns lugares das comarcas de Viana, Trives e Valdeorras, organízanse para desfilar polas aldeas da comarca. Estes grupos musicais veciñais, chamados folións, marchan ao ritmo da percusión de enormes tambores de entroido e de diversas ferramentas de traballo: gadañas, fouces, martelos e sachos. Nalgúns lugares, como Vilariño de Conso, empréganse tamén cornos, trompetas e cornetas de metal. Os folións, cada un dos cales ten a súa particular cadencia, van sempre acompañados polos boteiros, as máscaras de entroido propias da zona, encargadas de animar a festa cos seus bailes e carreiras.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Entroido Vilariño de Conso - TVG (Alalá nº 103 - 2009) Bombos e bombeiros - Pablo Quintana (1986) - Youtube.
Categoría:Tipos de agrupación musical Categoría:Música tradicional galega Categoría:Entroido de Galicia