María Julia Araceli Buján Varela, nada en Agolada en 1952, é unha médica galega, catedrática da Universidade de Alcalá.
Traxectoria profesional Estudou Ciencias Biolóxicas na Universidade de Santiago de Compostela, logo de ser vetada por ser muller na Mariña Mercante na Coruña. A familia trasladouse a Madrid e licenciouse en Ciencias Biolóxicas pola Universidade Complutense de Madrid (UCM) en 1973 e en Medicina e Cirurxía (UCM, 1977), doutorouse en Medicina e Cirurxía con Premio Extraordinario na Universidade Complutense de Madrid (UCM) en 1981. Foi profesora adxunta de Histoloxía e Embrioloxía Xeral dende 1982 na Facultade de Medicina da Universidade de Alcalá, profesora extraordinaria do Instituto de Criminoloxía da Facultade de Dereito da Universidade Complutense (1977-2000). En 2004 obtivo a Cátedra de Histoloxía e Enxeñería Tisular na Universidade de Alcalá. Foi directora do Departamento de Especialidades Médicas (2004-2007) e decana da Facultade de Medicina (2010-2012), decana da Facultade de Medicina e Ciencias da Saúde e das relacións coas Institucións Sanitarias dende 2015.
A súa produción científica comprende 55 proxectos de investigación científica e innovación docente, 8 contratos, 208 artigos, máis de 30 teses de doutoramento dirixidas, 31 premios de investigación e 5 patentes.
Recoñecementos Académica Correspondente Nacional da Real Academia Nacional de Medicina dende 2011. Académica de Honra da Academia de Historia da Estomatoloxía e Odontoloxía Cruz do Mérito Militar con distintivo Branco Medalla de prata da Universidade de Alcalá Encomenda da Orde Civil de Afonso X o Sabio
Notas
Categoría:Médicos de Galicia Categoría:Científicos de Galicia Categoría:Nados en Agolada Categoría:Nados en 1952