California é un dos 50 estados dos Estados Unidos de América. Situado na costa norte do océano Pacífico, é o estado máis poboado do país, con máis de 38 millóns de habitantes. É tamén o terceiro maior estado en extensión dos Estados Unidos, por detrás só de Alasca e Texas. California é o maior centro comercial e industrial dos Estados Unidos, así como o líder nacional na produción de produtos agropecuarios.

Das vinte maiores cidades dos Estados Unidos, catro están localizadas en California: Os Ánxeles, San Jose, San Diego e San Francisco. A súa capital, Sacramento, tamén é unha gran cidade. A rexión sur ten unha alta densidade de poboación, e alí é onde se localizan as catro maiores cidades do estado, mentres que a rexión norte está menos densamente habitada, e Sacramento é a única gran cidade situada nesa rexión setentrional.

Os españois foron os primeiros en explorar e colonizar a área onde actualmente se sitúa o estado de California e, despois da independencia mexicana, tornou parte de México. Os estadounidenses anexionaron California por volta de 1850, despois dunha guerra con México.

O alcume do estado é The Golden State, é dicir, o "estado dourado". Con todo, a orixe deste nome aínda é tema de discusión. Pode proceder da febre dourada de 1849, cando as minas de ouro atraeron decenas de milleiros de persoas de todo o país á rexión. Outra posibilidade é unha referencia á herba nativa do estado, que adquire unha cor dourada na estación seca. Comunmente, o alcume tamén é unha referencia ao seu clima, quente e solleiro durante a maior parte do ano. O nome do estado vén dunha novela (Las sergas de Espladián, As aventuras de Espladián) do século XVI, escrita polo español Garci Rodríguez de Montalvo, onde existía un paraíso chamado California.

Historia 250px|esquerda|miniatura|Un asentamento misioneiro español, en 1792. O primeiro europeo en explorar partes da costa californiana foi o portugués João Rodrigues Cabrilho, en 1542. A primeira persoa en explorar toda a costa do actual estado de California foi o inglés Francis Drake, en 1579. A mediados do século XVIII, algúns misioneiros españois instalaron pequenos asentamentos en enormes espazos de terra ao norte do actual estado mexicano de Baixa California. Cando México se tornou independente de España, en 1821, California pasou a facer parte do territorio mexicano, e os asentamentos españois foron disolvidos e abandonados.

En 1846, durante a Guerra Mexicano-Americana, fundouse a República Californiana, e creouse unha bandeira, a Bandeira do Oso que mostraba un oso dourado e unha estrela. A república chegou a un fin súbito cando o almirante John Sloat da mariña norteamericana entrou na baía de San Francisco, e reivindicou California para os Estados Unidos.

Despois do fin da guerra, California dividiuse entre os Estados Unidos e México. A porción mexicana, Baixa California, foi posteriormente dividida en dúas, Baixa California e Baixa California Sur. A porción adquirida polos estados Unidos, a Alta California, forma a actual California norteamericana. En 1848, California posuía unha poboación, a maioría hispana e amerindia, de aproximadamente 10.000 habitantes. Despois do descubrimento de ouro, porén, a poboación expandiuse, con persoas do resto do país indo ao estado na carreira do ouro de California. O 9 de setembro de 1850 declarouse oficialmente como o 31º estado americano.

Durante a Guerra Civil Americana, a maioría da poboación californiana (preto do 70%) apoiaba aos estados suristas, mentres que só o 30% apoiaba aos do norte. Mesmo así, California participou activamente na guerra, do lado dos estados do norte, e moitas tropas californianas loitaron do lado da Unión, contra as forzas da Confederación.

Unha conexión ferroviaria intercontinental entre a costa Pacífica e a costa atlántica, inaugurada en 1869, contribuíu ao crecemento de poboación de California, traendo persoas do resto do país, que descubriron que o estado estaba moi ben dotado para a práctica da agricultura en xeral.

Actualmente, California é a maior produtora de produtos agropecuario dos Estados Unidos. Descubriuse petróleo no estado no inicio do século XX, o que contribuíu aínda máis ao crecemento de poboación. Entre 1900 e 1965, a poboación medrou ata tal punto que o estado se tornou no máis populoso do país. De 1965 ao presente, esta poboación tamén se tornou unha das máis variadas do mundo. California é un estado de tendencias liberais, e un polo mundial de comercio, da industria cinematográfica e agropecuaria.

Xeografía miniatura|Mapa do relevo de California, onde se aprecia claramente o val central. miniatura|Lago Bass, lago artificial en Serra Nevada. California limita co océano Pacífico ao oeste, Oregón ao norte, Arizona e Nevada ao leste e co estado mexicano de Baixa California ao sur. A xeografía é diversa, e inclúe un gran val central, altas montañas, desertos quentes e secos e diversas forestas. Cunha superficie de 410.000 km², California é o terceiro maior estado norteamericano. A maioría das grandes cidades californianas están localizadas ao longo do océano, onde o clima é lene e confortábel. Sacramento é unha excepción, pois está localizada no val central.

Localizado nunha rexión xeoloxicamente activa, California posúe moitos volcáns, moitos deles activos; o estado é famoso polos seus terremotos, que ocorren na rexión grazas á presenza da Falla de Santo André. Aínda que se rexistraron poderosos terremotos en Alasca e no río Mississippi, os terremotos de California son famosos porque acontecen frecuentemente e atinxen áreas densamente habitadas. Unha lenda popular di que, finalmente, un xigantesco terremoto causará a separación da área costeira de California do continente, que irá afundir no océano ou formar unha nova masa de terra. O feito de que este escenario non sexa posíbel desde un punto de vista xeolóxico parece non afectar a aceptación da lenda por parte da poboación californiana, ou do seu uso pola industria cinematográfica.

California está dividida en oito distintas rexións xeográficas:

As Montañas Klamath, localizadas no noroeste do estado, inclúen moitas paisaxes forestais, situadas en altas altitudes. Localízanse aquí picos de ata 2 400 metros de altitude ao sur das Montañas Klamath e ao longo da costa do océano Pacífico As Cadeas Litorais, ao sur das Montañas Klamath, caracterízanse pola presenza da Falla de Santo André. As Montañas Cascadas, ao norte e leste das Montañas Klamath, están marcadas por numerosas montañas, formadas por erupcións volcánicas. A Basin and Range Region, ao leste das Montañas Castada e no nordeste do estado, son unha rexión montañosa creada polo choque das dúas placas tectónicas. O Val Central, ou Gran Val, localízase no centro do estado, onde se sitúan as dúas grandes bacías hidrográficas, en torno dos ríos máis longos do estado, o río Sacramento e o río San Joaquín. Esta rexión é moi fértil, e produce os tres cuartos da produción agraria de California. A Sierra Nevada, localizada ao leste do Val Central e no centro-leste do estado, é unha inmensa muralla rochosa, que posúe 650 km de lonxitude e entre 60 a 110 km de ancho. Aquí atópase o punto máis alto dos Estados Unidos (excluíndose Alasca e Hawai), o Monte Whitney. Grandes ríos que corren ao longo da rexión escavaron grandes vales. O maior e máis marcado é o Val de Yosemite. A Cadea Transversa é tamén unha área montañosa. Porén, aquí, as serras esténdense nun sentido leste-oeste (xeralmente, neste estado, as serras esténdese nun sentido norte-sur). A Transverse Ranges localízase no suroeste do estado, e a cidade dos Ánxeles está situada aquí. A Cadea Peninsular é unha rexión montañosa, localizada no extremo suroeste do estado, onde está localizada o condado de San Diego. Por fin, a Basin and Range Region é unha grande área árida, no leste e sueste do estado, onde se localizan o Deserto de Mojave e o famoso Val da Morte. O Val da Morte atópase nunha depresión xeográfica, a 86 metros por debaixo do nivel do mar. O Parque Nacional de Yosemite posúe moitas das cataratas máis altas da América do Norte. 240px|dereita|miniatura|A rexión de Sierra Nevada.240px|dereita|miniatura|O Parque Nacional de Yosemite.240px|dereita|miniatura|Vista dun oasis no medio do Val da Morte.

Clima 270px|miniatura|Media de precipitacións no norte de California. miniatura|270px|Media de precipitacións no sur de California. Dada a súa grande extensión e a súa diversidade xeográfica, California posúe unha gran variedade de climas. Diferentes rexións posúen diferentes condicións climáticas, e isto varía de acordo coa latitude, distancia en relación ao océano, altitude e presenza de obstáculos xeográficos (como serras e cadeas de montañas). A maior parte posúe un clima temperado mediterráneo, con só dúas estacións ben definidas, invernos chuviosos e veráns secos, especialmente no sur e ao longo do litoral. A proximidade do océano Pacífico determina veráns máis fríos e invernos máis quentes. As neboeiras son moi comúns nas áreas costeiras. O interior posúe veráns moi quentes e invernos fríos.

A temperatura media do norte e nas rexións de maior altitude é inferior a 0 °C. Ao longo do sur e do litoral, porén, é de máis de 11 °C. A temperatura máis baixa rexistrada é de -43 °C, o 20 de xaneiro de 1937. As mínimas varían entre -45 °C e 10 °C, e as máximas entre -40 °C e 18 °C.

A temperatura media no verán é de 25 °C. As menores temperaturas medias son rexistradas nas rexións de maior altitude, no nordeste e ao longo do litoral. Nestas rexións, a temperatura media é inferior a 20 °C. Estas rexións posúen mínimas que varían entre 6 °C e 18 °C, e máximas entre 20 °C e 34 °C. No leste e particularmente no sueste posúen altas temperaturas medias no verán, superiores a 33 °C. As mínimas poden chegar ata 2 °C, e as máximas poden superar facilmente os 50 °C nestas rexións semidesérticas. A temperatura máis alta rexistrada foi de 57 °C, no Val da Morte, o 10 de xullo de 1913.

As precipitacións caen case sempre en forma de choiva, maiores ao longo da rexión costeira do estado, principalmente no norte. Porén, Tamarack, en Serra Nevada, rexistra anualmente máis dun metro de precipitación de neve. As Cadeas Transversais, Peninsulares e a Serra Nevada impiden o fluxo de aire húmido ao interior do sueste de California, creando unha grande área de clima desértico, o Deserto de Mojave, onde se atopa o Val da Morte. Temperaturas medias altas e baixas dalgunhas cidades de California Cidade Xan Feb Mar Abr Mai Xun Xul Ago Set Out Nov Dec Bakersfield 13/4 18/6 20/8 24/10 29/14 33/18 36/21 35/20 32/18 27/13 18/7 13/3 Fresno 12/3 16/5 19/7 23/9 28/13 33/16 36/19 35/18 32/16 25/11 17/6 12/3 Os Ánxeles 18/9 19/9 20/10 21/12 23/13 24/14 28/17 28/17 27/16 25/14 23/12 20/10 Sacramento 12/4 16/6 18/7 22/8 27/11 31/13 33/14 33/14 31/13 24/11 17/6 12/3 San Francisco 13/6 15/8 16/8 18/9 19/10 21/12 22/12 22/13 23/13 21/11 17/9 13/6 San Diego 19/10 19/11 19/12 21/13 21/12 22/17 24/19 26/19 25/19 23/16 21/12 19/9US Travel Weather

Política miniatura|250px|Capitolio do Estado de California en Sacramento. 250px|dereita|miniatura|Mapa dos condados de California. California está constituída como unha república, co que posúe os tres principais poderes gobernamentais: o poder executivo, constituído polo Gobernador e outros oficiais electos; o poder lexislativo, constituído polo Senado e a Asemblea, e o poder xudicial, constituído pola Corte Suprema. O estado tamén permite a participación directa do electorado, a través de referendos e votacións, en decisións gobernamentais.