Sherwood Clark Spring, nado en Hartford, Connecticut, o 3 de setembro de 1944, é un astronauta estadounidense que formou parte da misión STS-61-B.
Traxectoria Spring graduouse en enxeñaría pola Academia Militar dos Estados Unidos en 1967 e é máster en enxeñaría aeroespacial pola Universidade de Arizona en 1974. Graduouse na Escola de Pilotos de Proba da Armada dos Estados Unidos en 1976.
Foi seleccionado como astronauta pola NASA en maio de 1980, participando na misión STS-61-B e pasando un total de 6,88 días no espazo.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos STS-61-B
Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1944 Categoría:Nados en Connecticut