Tahuata é a illa máis pequena das habitadas das Marquesas, na Polinesia Francesa, un territorio de ultramar francés no océano Pacífico. Está situada no grupo sur do arquipélago, a 4 km ao sur do extremo occidental de Hiva Oa, a través da Canle de Bordelais, chamada Ha'ava en marquesano.

Xeografía

Tahuata é a máis pequena das illas habitadas das Marquesas, cunha superficie de 61 km². A illa é moi montañosa, con profundos vales e cantís. A altitude máxima está no monte Amatea de 1050 metros. A orografía non permite a construción dunha pista de aterraxe e as comunicacións son vía marítima desde a illa veciña de Hiva Oa, separada pola canle de Bordelais de 4 km de ancho e unhas correntes de 20 nós.

A poboación total era de 703 habitantes no censo do 2012. A vila principal é Vaitahu, localizada no oeste da illa, capital da comuna que inclúe tamén a illa deshabitada de Moho Tani, outras vilas son Hapatoni, Motopu e Hanatetena. A activitad principal é a agricultura e a artesanía. miniatura|dereita|A costa de Tahuata, na baía de Hapatoni.

Historia

Os restos arqueolóxicos indican que Tahuata estaba habitada polos polinesios xa no século III. Na época pre-europea era considerada unha dependencia de Hiva Oa.

Vaitahu foi o lugar dos primeiros contactos das Marquesas cos europeos. O primeiro avistamento rexistrado polos europeos foi pola expedición española de Álvaro de Mendaña o 22 de xullo de 1595. Foi aquí onde chamou ao arquipélago as Marquesas de Mendoza, e a illa Santa Cristina. Desembarcaron en Vaitahu que nomearon Madre de Dios. De acordo coas contas españolas Tahuata tiña aves, peixes, cana de azucre, plátano, froitos secos e froitas. A vila existente estaba construída en dous lados dun espazo rectangular, as casas eran de madeira e canas entrelazadas. Un edificio que os españois supoñian que era relixioso levantábase fóra da cidade, nun espazo encerrado por empalizadas, e que contiña algúns ídolos ante os que se atopaban ofrendas e provisións. A xente tiña grandes e ben construídas canoas de vela. As súas ferramentas estaban feitas de cunchas e ósos de peixe. Usaban tirafondas, pedras e lanzas como armas.Sharp, Andrew The discovery of the Pacific Islands Oxford, 1960, pp.51,52.Brand, Donald D. The Pacific Basin: A History of its Geographical Explorations The American Geographical Society, New York, 1967, p.133. Unha serie de malentendidos provocou o masacre de 200 vítimas.

O inglés James Cook chegou en 1774, e o francés Dupetit-Thouars en 1842, proclamou en Vaitahu a anexión das Marquesas a Francia. Posteriormente edificouse a primeira igrexa das illas.

A fala da illa é o dialecto Nuku da lingua marquesana.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

as Marquesas ao día o sitio das Marquesas Colonización das Marquesass Lista de especies de aves de Tahuata

Categoría:Illas Marquesas