Renoir é un filme francés de 2012 dirixido por Gilles Bourdos. Baséase nos derradeiros anos de vida de Pierre-Auguste Renoir en Cagnes-sur-Mer, durante a primeira guerra mundial. O filme competiu na sección Un Certain Regard do Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2012. Está ambientado no sur de Francia e está protagonizado por Michel Bouquet, Christa Theret, Thomas Doret e Vincent Rottiers.Rendez Vous with French Cinema, The New York Times consultado o 25 de marzo de 2013. Renoir conseguiu éxito de recadación e da crítica en Francia e no estranxeiro, especialmente nos Estados Unidos, onde foi incluído na lista da crítica en The New York Times. O filme foi escollido como candidato de Francia para o Óscar ó mellor filme internacional na 86ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado. En xaneiro de 2014, recibiu catro nomeamentos aos Premios César, gañando o galardón de mellor deseño de vestiario.
Personaxes Michel Bouquet como Auguste Renoir Christa Théret como Andrée Heuschling Vincent Rottiers como Jean Renoir Thomas Doret como Coco Romane Bohringer como Gabrielle Renard Michèle Gleizer como Mme Renoir (Aline Charigot) Carlo Brandt como Le docteur Pratt Hélène Babu como Odette Marion Lécrivain como Véra Sergine Hervé Briaux como Ambroise Vollard Stuart Seide como le docteur Barnes Emmanuelle Lepoutre como la Médecine Thierry Hancisse como le brocanteur Annelise Heimburger como la Boulangère Sylviane Goudal como la Grande Louise Solène Rigot como Madeleine
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Francia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 86ª edición dos Óscar Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 2012 Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes dirixidos por Gilles Bourdos Categoría:Filmes rodados en Francia Categoría:Filmes con banda sonora de Alexandre Desplat Categoría:Filmes biográficos