As Rimas de Bécquer é o conxunto de poemas deste escritor sevillano do ‘tardorromanticismo español’. Foron publicadas trala súa morte con ese título. A obra é universalmente recoñecida como «a máis fonda e fina poesía do século XIX, en ton menor», malia que as opinións sobre ela foron moi variadas. Foi ridiculizada por Núñez de Arce, máis tamén eloxiada por Antonio Machado, Rafael Alberti e Federico García Lorca,Porras del Campo 2003, p. 188 e homenaxeada por Rubén Darío e Juan Ramón Jiménez.Ambos poetas, Rubén e Juan Ramón, titularon un dos seus primeiros poemarios Rimas; o americano en 1887 e o Nobel español en 1902. A primeira edición reunía 76 poemas breves, mentres que algunhas edicións posteriores inclúen até 96 pezas poéticas. Entre os estudos clásicos realizados sobre a obra destacan os de Rafael Montesinos, José Luís Cano ou Luis Cernuda. Nos aspectos formais, resulta innovadora a abundancia da rima asonante e os versos libres.

Libro de los gorriones Bécquer deixou composto o manuscrito titulado Libro de los gorriones: colección de argumentos, ideas y planes de cosas diferentes que se concluirán o no según sople el viento, asinado en 1868 como «Gustavo Adolfo Claudio D. Bécquer», conforme o antedito documento, que se conserva na Colección de Obras Maestras de la Literatura da Biblioteca Nacional de España, en Madrid.

Trala morte do poeta, ao parecer, sen coñecemento do manuscrito, os seus amigos Narciso Campillo e Augusto Ferrán recompilaron a obra de Bécquer –que ordenaron e revisaron con diversa, discutible e discutida fortuna–, e publicáronna nunha primeira edición titulada Obras en 1870. Conservábanse as rimas que apareceran entre 1859 e 1871 en El Contemporáneo, El Museo Universal, La Ilustración de Madrid e os poemas soltos que González Bravo iría recompilando coa axuda doutros amigos do poeta. En 1871, fíxose unha nova edición (cun prólogo de Rodríguez Correa) en dous volumes. Incluían, baixo o título de Rimas, os 76 poemas recompilados, xuntamente coas súas Leyendas, co fin de axudar á viúva e mais á súa descendencia.

En 1914, o hispanista Franz Schneider,O libro de Schneider, Leben und Schaffen (1914), é considerado o primeiro estudo académico importante sobre a obra de Bécquer. tralas súas pescudas na Biblioteca Nacional de Madrid, deu a coñecer o manuscrito do Libro de los Gorriones. Tratouse dun achado documental que implicaría unha nova revisión das Rimas. Isto débese á «aparición de poemas non publicados na edición de 1871, a súa distinta ordenación e a autoría das numerosas correccións do texto».Porén, a minuciosa análise das investigacións sobre as riscadas ou correccións, así como sobre as tintas usadas no orixinal, ditaminaron que a maioría son debidas a Narciso Campillo, e que son mínimas as autógrafas de Bécquer. Por outra banda, o longo subtítulo que Bécquer lle deu ao manuscrito levou a pensar que el o considerase máis un borrador ca un libro fechado. Descoñécese o paradoiro do manuscrito entre 1868 e 1896, ano no que a Biblioteca Nacional llo comprou a Consuelo B. de Ortiz por vinte e cinco pesetas.

Detalles técnicos miniatura|A rima XXVII, autografiada por Bécquer no manuscrito titulado Libro de los gorriones. O Libro de los gorriones foi escrito nun caderno de pauta, datado o 17 de xuño de 1868. No interior aparece a Introducción sinfónica e o ensaio incompleto sobre La mujer de piedra. Despois de cincocentas páxinas en branco, a partir da 529, Bécquer reescribe de cor as Rimas. O motivo foi que o libro orixinal, confiado ao seu protector, o ministro da Unión Liberal, Luís González Bravo, perdeuse no saqueo á súa casa durante os disturbios revolucionarios de 1868. O manuscrito inclúe nos rexistros 529 a 531 o índice das Rimas, e no rexistro número 537, setenta e nove rimas precedidas do título: «Poesías que recuerdo del libro perdido».

Rafael Montesinos, na súa edición revisada de 1995,A edición de Montesinos para Letras Hispánicas da Editorial Cátedra, recoñecida de forma xeral como a máis completa e documentada, inclúe o capítulo "Criterio de esta edición y algunas advertencias", que fecha o seu estudo preliminar. presentou o corpo "definitivo" das Rimas e incluíu a Introducción Sinfónica escrita por Bécquer, seguida de 76 rimas. Como apéndices, achega «Las tres rimas rechazadas por Bécquer»,Dices que tienes corazón, y sólo; Fingiendo realidades; e Una mujer me ha envenenado el alma. amais de «Cuatro poesías publicadas por Ramón Rodríguez Correa, fuera del contexto de las Rimas, en la cuarta edición de las Obras (1885)»,Poesía inédita, Amor eterno, La Casta e A todos los santos. e unha «Poesía que no figura en las ediciones de Fernando Fé» (a titulada La gota de rocío). Montesinos engade outros dous apéndices, un co poema Lejos, y entre los árboles, e outro cos «Versos apócrifos de Ferrán y Campillo para la 1ª ed. (1871)».

Contexto e estilo Manuel Altolaguirre considerou a poesía de Bécquer como a máis humana do Romanticismo español.Así o expresou no libro Antología de la Poesía Romántica. Poetas Españoles, no ensaio titulado “Bécquer en la poesía romántica”. Situado no nacemento da poesía moderna en termos cronolóxicos e estilísticos, semella que Bécquer intuíu dalgún xeito a gran repercusión popular que ían adquirir os seus versos co paso do tempo cando escribiu: «a poesía popular é a síntese da poesía».

O 20 de xaneiro de 1861, nunha análise publicada en El Contemporáneo, sobre a obra La Soledad, de Augusto Ferrán, poeta e amigo do sevillano, Bécquer escribe:

Max Aub preséntao como herdeiro de san Xoán da Cruz na loita contra «a imposibilidade de expresar os sentimentos». Lembra, amais, a influencia do «elemento feminino de Heinrich Heine» (que xa fora descuberto por Emilia Pardo Bazán e explicado por Díez-Canedo), que o sevillano talvez coñeceu a través das traducións que Eulogio Florentino Sanz realizara sobre a poesía de Heine. Aub tamén o enfronta ao seu contemporáneo Arthur Rimbaud. En efecto, responde as preguntas que o francés deixou sen contestar na súa carreira por ir alén na innovación poética «no nacemento da poesía moderna». Finalmente, Max Aub relaciónao tamén con Lord Byron, e percibe na poesía de Luis Cernuda a suma deste e mais do de Sevilla.

Así mesmo, os diferentes estudos críticos destacan a depuración do Romanticismo feita por Bécquer, e desposúen a expresión do ampuloso ou histriónico. Deste xeito, ábrese un novo estilo poético, evocado por poetas posteriores como Antonio Machado, José Martí ou Pablo Neruda.

De entre os numerosos estudos e investigacións, cómpre mencionar, ademais, os de Dionisio Gamallo Fierros (1948), de Jesús Domínguez Bordona e dos hispanistas norteamericanos Russell P. Sebold (1994) e W. S. Hendrix.

Temática Malia supoñer unha notábel simplificación do conxunto de motivos poéticos incluídos nas Rimas, poderían destacar, en trazos xerais, catro temas ou bloques:

a poesía como inspiración innata o amor esperanzado e gozoso o fracaso amoroso a soidade que leva ao pesimismo

Tamén se sinala a insistencia no binomio «amor/traizón» e a súa «aparente sinxeleza expresiva». Como indicaba Aub, foxe da rima rica e consegue unha musicalidade interna nova no verso.

Principais edicións A partir da selecta bibliografía reunida por Montesinos en 1995, poden seleccionarse como edicións capitais das Rimas –ou dos conxuntos de poemas de Bécquer así titulados–, os seguintes libros:

Libro de los gorriones, edición facsímile con nota preliminar e transcrición de Guillermo Guastavino Gallent. Un estudo e transcrición das Rimas por Rafael de Balbín e Antonio Roldán. Madrid: Ministerio de Educación y Ciencia / Dirección General de Archivos y Bibliotecas, 1971. Libro de los gorriones, edición facsímile que reproduce a encadernación do manuscrito orixinal. Edición dentro do estudo La semana pasada murió Bécquer, de Rafael Montesinos. Rimas, edición de José Luis Cano. Madrid: Ediciones Anaya, 1965. Rimas, edición de Russel P. Sebold. Madrid: Espasa Calpe, 1994. Rimas, edición de Rafael Montesinos. Madrid: Cátedra, 1995.

Notas

Referencias

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Cartas literarias a una mujer Leyendas de Bécquer

Categoría:1871 Categoría:Obras de poesía en castelán Categoría:Obras literarias de 1871 Categoría:Obras literarias de Gustavo Adolfo Bécquer