Non confundir con: Juan Manuel Rodríguez Fernández

Manuel Rodríguez Fernández, coñecido como Coxo de Cabral ou Manolo de Cabral, nado en 1914, foi un guerrilleiro antifranquista galego. Traxectoria Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi chamado a filas e desertou e estivo fuxido. Membro do grupo de José García Morales e o seu irmán. Fuxido con Delmiro Barreiro Cubeiro e Guillermo Santos Caride, en 1939 presentáronse ao gobernador civil de Pontevedra Manuel Gómez Cantos,El Pueblo Gallego, 5-5-1939, p. 8. pero fuxiron novamente ao saber que ían ser detidos. En xullo de 1940 foi procesado por atraco e roubo con Amador García Coco e Guillermo Santos Caride.Requisitoria, El Pueblo Gallego, 16-6-1940, p. 2. Nese ano presentouse novamente ante a Garda Civil e vendeu os seus antigos compañeiros, caendo pola súa delación Julio Guillén Biel e Jesús Lago González. Pronto foi liberado.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1914