No legendarium da Terra Media creado polo autor inglés J. R. R. Tolkien, a Montaña Solitaria é unha montaña ficticia que se atopa ao nordeste do Bosque Escuro. É o fogar do Reino baixo a Montaña dos ananos. A cidade de Dale atópase nun val nas súas ladeiras do sur. Na obra O Señor dos Aneis, a montaña é mencionada co seu nome en sindarin, Erebor.O Regreso do Rei, Libro 5, cáp. 9 "A derradeira deliberación" A Montaña Solitaria é o obxectivo dos protagonistas da obra O hobbit, e o escenario do clímax da historia.

A Montaña Solitaria é un símbolo da aventura en O hobbit, e da maduración do protagonista, Bilbo Bulseiro, como individuo.

Notas

Categoría:Reinos da Terra Media